A consellería de Traballo e Benestar foi unha consellería da Xunta de Galicia con competencias en promoción do emprego, formación profesional e servizos sociais, o que inclúe dende garderías ata a asistencia a persoas dependentes ou a inmigración. A súa última titular foi Beatriz Mato.
Historia A consellería de Traballo naceu xa en 1982, no primeiro goberno autonómico de Xerardo Fernández Albor. Durante estes anos mudou frecuentemente de nome e despaareceu sumíndose noutras áreas. Así, entre 1986 e 1987 incorpórase a Industria, entre 1993 e 1997 á consellería de Xustiza, entre 1997 e 2003 á de Familia e entre 2003 e 2005 á de Asuntos Sociais.
Conselleiros Juan Corral (1982-1986). Como conselleiro de Traballo, Seguridade Social e Emigración. Luciano Asorey (1986-1987). Como conselleiro de Traballo, Industria e Turismo Miguel Martínez Losada (1987-1990). Como conselleiro de Traballo e Benestar Social. Manuel Pérez Álvarez (1990-1991). Como conselleiro de Traballo e Servizos Sociais Xosé Antonio Gil Sotres (1991-1993). Xoán Manuel Diz Guedes (1993-1996). Como conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Xesús Palmou (1996-1997). Manuela López Besteiro (1997-2001). Como conselleira de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude. María Xosé Cimadevila (2001-2004). Como conselleira de Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relaciones Laborais. Belén Prado (2004-2005). Ricardo Varela Sánchez (2005-2009). Como conselleiro de Traballo. Beatriz Mato (2009-). Como conselleira de Traballo e Benestar.
Estrutura interna Secretarías e direccións xerais Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, a consellería de Traballo conta coas seguintes direccións xerais: Secretaría xeral de Política social: Coro Piñeiro Dirección xeral de Relacións laborais: Odilo Martiñá Dirección xeral de Formación e colocación: Ana María Díaz López Dirección xeral de Promoción do emprego: Andrés Hermida Trastoy Dirección xeral da Xuventude e o voluntariado: Cristina Pichel Toimil
Entes adscritos Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral Consello Galego de Relacións Laborais
Véxase tamén Ligazóns externas Web da consellería
Traballo Categoría:Traballo