Samuel Jesús Juárez Casado, nado en La Bañeza (León) en 1962, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria De profesión, é veterinario. No político, Juárez Casado desempeñou diversas tarefas durante os mandatos de Manuel Fraga en Galiza. Destaca entre elas a coordinación das campañas de saneamento gandeiro da Xunta de Galiza en 1988. Foi así mesmo secretario xeral de pesca marítima do Ministerio de Pesca de España, en 1996. En abril de 2009 foi designado para ocupar o cargo de conselleiro do Medio Rural, co novo goberno popular presidido por Alberto Núñez Feijóo. Permaneceu neste posto ata xaneiro de 2012, cando cesou das súas funcións. En xaneiro de 2012 foi nomeado delegado do goberno en GaliciaSamuel Juárez será delegado del Gobierno desde el lunes. En novembro de 2014 abandonou o posto para ser agregado de Agricultura na Embaixada de España na ChinaSantiago Villanueva relevará a Samuel Juárez como delegado del Gobierno en Galicia.

Notas

Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Delegados do goberno en Galicia Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en La Bañeza Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes