Febe pode referirse a:

Na astronomía, Febe é unha lúa de Saturno. Na mitoloxía grega: Febe, unha das Titánides orixinais. Por asociación, tamén se lle aplica o nome de Febe a Artemisa. Filla de Leucipo, sacerdotisa de Atenea, que foi raptada polos Dióscuros e rematou casando con Pólux. Unha das ninfas hamadríades, irmá de Atlantia. Unha das helíades, fillas de Helios e Clímene. Unha das Amazonas Unha filla de Tindáreo e Leda, e irmá de Helena de Troia. Nas igrexas cristiás, Febe é unha diaconisa do século I d.C., citada no Novo Testamento.