350px|miniatura| Véxase tamén: Mapa en vivo da gripe H1N1 e do virus H1N1. A gripe A (H1N1) é unha infección por unha cepa de virus H1N1 de gripe que se comezou a detectar en marzo de 2009 nos Estados Unidos, pero que tivo as súas primeiras pegadas severas en abril dese ano en México, e xerou unha pandemia. A cepa de virus da gripe A (H1N1) deriva parcialmente de catro subtipos de virus, un de gripe humana, outro de gripe aviaria e dous de gripe porcinaDeadly new flu virus in US and Mexico may go pandemic, New Scientist, 24/4/09 e transmítese directamente entre humanos.
Historia A gripe é unha enfermidade vírica que causa entre 250.000 e 500.000 mortes cada ano, fundamentalmente entre a xente máis anciá, persoas con enfermidades crónicas e cativos. A gripe está causada por distintos subtipos de virus que mutan con facilidade. No caso concreto da gripe A (H1N1) non está clara a súa orixe. Unha teoría apunta a que cepas eurasiáticas de gripe aviaria viaxaran transportadas por aves migratorias ou por persoas ata Norteamérica e que alí se combinaron con cepas de gripe porcina en granxas. De aí saltarían posteriormente aos traballadores das granxasDavid Kirby, Swine Flu Outbreak – Nature Biting Back at Industrial Animal Production?, The Huffington Post, 26/4/09. As autoridades sanitarias mexicanas estableceronGranjas Carroll provocó la epidemia de males respiratorios en Perote, según agente municipal, La Jornada, 5/4/09 que o inicial vector propagador da enfermidade foron as moscas das pozas próximas ás granxas de porcos Carroll, en Perote (Veracruz), que pertencen a unha filial da compañía estadounidense Smithfield FoodsSwine-flu outbreak linked to Smithfield factory farms, Grist, 25/4/09.
O 28 e o 30 de marzo de 2009 dous nenos de 10 e 9 anos que vivían en San Diego e en Imperial (ambos os dous condados de California), caeron enfermosNew Strain of Swine Flu Investigated: Two Children in San Diego Area Had No Contact with Pigs, The Washington Post, 22/4/09 de algo primeiramente identificado como gripe porcina, se ben non tiveran contacto con porcos. Esa nova cepa foi axiña confirmada no veciño México, con distintos casos de sintomatoloxía semellante á gripe porcina. O primeiro falecemento relacionado coa gripe H1N1 do que se ten constancia tivo lugar no estado de Oaxaca o 13 de abril de 2009Grippe porcine: Mexico sous tension, le monde en alerte, Yahoo, 27/4/09.
Entre marzo e abril de 2009 foron detectados uns mil casos de posíbel gripe H1N1 nos Estados Unidos e en México, e foi particularmente letal neste segundo país, onde causou posiblemente 103 mortes, se ben só se confirmou que fosen causadas por este virus 20. A OMS advertiu nese mes de abril o risco de que a gripe H1N1 se convertese nunha pandemia. A finais do mes había xa unha cincuentena de posibles casos en Europa, Suramérica, Oriente Medio e Oceanía. Os primeiros países en sufrir casos comprobados foron México, Estados Unidos e o Canadá, e o primeiro país cun caso confirmado fóra de Norteamérica foi España. Tamén foi España o primeiro país en Europa onde se rexistrou un caso confirmado que non fose contaxiado directamente en México (o 29 de abril)Sanidad confirma seis nuevos casos de gripe porcina en España, Público, 29/04/2009.
Finalmente, en agosto de 2010, a OMS declarou o fin da pandemia, quedando naquela data casos unicamente en Nova Zelandia e a India. Nos 16 meses que durou a epidemia de gripe A producíronse 18.449 mortes confirmadas en 214 países .
Denominación A rápida aparición desta enfermidade na vida pública levou a que coexistisen diversas denominacións para ela, máis ou menos inexactas: gripe porcina, gripe norteamericana, gripe americana, gripe H1N1, gripe humana de orixe porcina, gripe de orixe porcina, nova gripeComunicado sobre el brote humano de nueva gripe , Web do Ministerio de Sanidade, gripe A(H1N1), nova gripe A(H1N1)Novo virus da gripe A(H1N1), antes, gripe humana (H1N1) de orixe porcina , Web do Sergas etc.
Tipoloxía As autoridades estadounidenses identificaron que o virus da gripe A (H1N1) fora producido por unha infrecuente mestura de catro secuencias xenéticas: gripe humana, gripe porcina norteamericana, gripe porcina eurasiática e gripe aviaria norteamericana.title=Deadly new flu virus in US and Mexico may go pandemic, New Scientist, 26/4/09 Esta mestura houbo de producirse nos porcos, dado que xa se demostrara previamente a facilidade coa que se producían estas mesturas de virus nestes animaisRobert Roos, New swine flu virus supports 'mixing vessel' theory , 20/12/07. A causa desta remestura sería posiblemente a superinfección dun humano. O virus da gripe remestúrase con facilidade porque o seu xenoma está repartido en oito pezas.
O GISAID, Global Initiative on Sharing Avian Influenza Data, publicou rapidamente as secuencias do xenoma do virus detectado nos casos estadounidenses. As primeiras análises xenéticas detectaron que o xene da hemaglutinina (HA) era semellante ao da gripe porcina presente nos Estados Unidos dende 1999, pero que a neuraminidase (NA) e a matriz proteínica semella a de poboacións illadas de gripe porcina europea. Os xenomas identificados polo GISAID sinalan a presenza de gripe porcina, aviaria e humana na confección do novo virus, e moi probabelmente cepas distintas deses virus procedentes de diferentes áreas xeográficas.
Ao mesmo tempo, parecen existir diferenzas de comportamento do virus entre os casos rexistrados nos Estados Unidos e os rexistrados en México: mentres que no país anglosaxón non se produciron vítimas mortais e a gripe ten unha virulencia media, en México producíronse numerosos falecementos e a virulencia sería moi forte, ata sete veces a dunha gripe estacional normal.
Vacinación e tratamento Aínda que distintos países do mundo poden identificar o virus de forma negativa, por contraste con outras cepas, só hai dous centros no planeta que poden confirmar o virus cun procedemento de análise positiva: son o National Microbiology Laboratory de Winnipeg (Canadá) e mais o Center for Disease Control and Prevention (CDC) de Atlanta (Estados Unidos)
A vacina estacional de gripe humana (H1N1) non debería servir para a inmunización fronte á gripe H1N1Update: Swine Influenza A (H1N1) Infections --- California and Texas, April 2009, USA Centers for Disease Control, 24/4/09. O virus é resistente á amantadine e rimantadine, pero pódese combater con oseltamivir e zanamivirSwine Flu Cases Now Total 7: CDC, ''ABC News, 24/4/09.
Mortalidade Mentres que a gripe humana tradicional ten unha mortalidade do 1 % (falece o 1 % das persoas enfermas infectadas polo virus), a taxa de mortalidade desta enfermidade en México estaría en torno ao 6,5 %. Como referencia, a gripe española de 1918, que matou 50 millóns de persoas en todo o mundo, tiña unha taxa de mortalidade do 2 %.
Distribución México A gripe A (H1N1) tivo probablemente a súa orixe en México e este país tamén foi o máis afectado nos primeiros días. Ao cabo de quince días dende a primeira morte rexistrada (o 13 de abril), en México xa se superaran as 2.500 persoas probabelmente afectadas, e o país rexistraba o 75% dos posíbeis casos e a práctica totalidade dos falecementos: o 29 de abril foran confirmados 7 falecementos por esta causa e supúñase a causa de 152 falecementos máis. O epicentro da enfermidade é a costa atlántica do centro do país, Tamaulipas e Veracruz, e mais os estados lindeiros: Aguascalientes, San Luis Potosí, Zacatecas, Hidalgo, Oaxaca, Estado de México, Cidade de México e Morelos.
Resto de Norteamérica Norteamérica concentrou a maior parte de casos sospeitosos, un 84%, a maior parte deles en México. Porén, foi nos Estados Unidos e no Canadá onde a maior calidade dos sistemas de detección puido confirmar as sospeitas de virus en máis ocasións, e onde se rexistraron o maior número de casos probados: 55% do total mundial, contra o 25% de México. Ademais, en Texas produciuse o primeiro falecemento confirmado fóra de México, dun bebé de 22 meses, se ben vivía en México e cruzárono pola fronteira para ser curado. Nesas dúas primeiras semanas a maior parte dos casos se concentraban no estado de Nova York, que agrupaba a metade dos casos confirmados e a quinta parte dos casos posíbeis.
Europa O 27 de abril de 2009 as autoridades sanitarias españolas confirmaron o primeiro caso nese país, o dun mozo que estivera de viaxe en México. Tamén en España se rexistrou o 29 de abril o primeiro caso de transmisión indirecta fóra de Norteamérica, é dicir, sen que a persoa afectada viaxase a México.
Ademais, confirmaron a existencia de casos probados o Reino Unido, Alemaña, Austria, Suíza, Irlanda, Dinamarca, Italia, Francia e os Países Baixos.
Galicia O primeiro caso de gripe A (H1N1) en Galicia foi rexistrado o 29 de abril de 2009 en Ourense, se ben non se confirmou ata varios días máis tardeA ourensá con gripe A continúa illada e con tratamento antiviral, La Voz de Galicia, 3/5/2009. A paciente era unha moza que viñera de México.
Con anterioridade e posterioridade rexistráronse casos de sintomatoloxía semellante, que durante un tempo foron considerados como casos posibles. O primeiro detectouse en MosDetectado en el centro de salud de Mos el primer posible caso de gripe porcina en Galicia, La Voz de Galicia, 27/4/2008 o 27 de abril de 2009, nun paciente masculino de mediana idadeA Consellería de Sanidade estuda un posible caso sospeitoso de gripe humana de orixe porcina , web do Sergas, 27/4/09, que regresara uns días antes de México. O mesmo día confirmárase o primeiro caso de gripe mexicana en España, en Almansa (Albacete), pero non estaban relacionados. O 1 de maio apareceu outro novo caso sospeitoso na Coruña, tamén dunha persoa procedente do país norteamericano. Días despois confirmouse que os casos de Mos e da Coruña non gardaban relación coa gripe mexicanaComunicado da consellería polo brote de gripe polo novo virus AH1N1, web do Sergas, 2/5/09.
Oceanía Un dos países con máis casos durante as primeiras semanas foi Nova Zelandia, que foi o primeiro país fóra de Norteamérica tanto polo número de casos probados como polo número de casos posíbeis, e o primeiro estado do hemisferio sur en rexistrar a enfermidade.
Asia Nos países asiáticos o virus tivo pouca presenza nas semanas iniciais, e moi poucos países informaran da existencia de posíbeis casos. Israel foi o primeiro país en confirmar un caso, séguelle Corea do Sur, e ata o 1 de maio non se confirmou o primeiro caso na China (en Hong Kong).
África Nas primeiras semanas non houbo casos confirmados da enfermidade en África, e apenas sospeitas en Suráfrica.
América Central e do Sur A fronteira sur de México foi máis resistente ao paso dos virus nas primeiras semanas. Os únicos países da área que confirmaran casos neses primeiros días foron Costa Rica e o Perú, se ben o caso peruano foi rexeitado posteriormente, e sempre como consecuencia de viaxes a México.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
H1N1
Ligazóns externas Sergas.es Ministerio de Sanidad y Política Social Gripe porcina, na Organización Mundial da Saúde DG SANCO da Unión Europea MedlinePlus
Categoría:Gripe Categoría:Pandemias