O arquipélago de Cabo Verde ten escasos recursos naturais, incluíndo auga, que é agravada polas prolongadas secas. A economía é baseada en servizos, co turismo, o transporte e os servizos públicos respondendo por 3/4 do produto interno bruto. Malia case 70% da poboación vivir na zona rural, a agricultura e a gandería son pouco desenvolvidas e teñen pequena participación no PIB. Preto de 82% dos alimentos teñen que ser importados. O potencial da pesca, principalmente lagosta e atún non é completamente explorado.
O país ten anualmente un gran déficit comercial, financiado pola axuda internacional e polos moitos emigrantes esparcidos polo mundo, que contribúen con remesas financeiras que complementan o PIB en máis do 20%. O turismo é outra fonte de receitas importante, contribuíndo con máis do 10% dos 820 millóns de Euros do PIB de Cabo Verde o ano de 2005INE 2005.
A pesar da escaseza de recursos, unha eficiente xestión da economía produciu unha mellora das receitas do país. Reformas económicas continuadas estimularon o sector privado e atraído investimento estranxeiro para diversificar a economía. As perspectivas futuras dependen enormemente do mantemento dos fluxos de axuda, do estímulo ao turismo, ás remisións dos emigrantes e ao resultado dos programas de desenvolvemento do goberno. O país fíxose membro da Organización Mundial do Comercio en xullo de 2008.
Notas
Cabo Verde Categoría:Cabo Verde