Arantza Quiroga Cía, nada en Irún (Guipúscoa) o 26 de xullo de 1973, é unha política vasca.
Traxectoria De pai valisoletano e nai vasca, creceu en Irún, desenvolvéndose nun ambiente nacionalista, no que ela e os seus curmáns entraron en contacto co éuscaro, idioma que ela entende pero que apenas fala. Licenciouse en Dereito, está casada e ten catro fillos.
A súa nai tratou de convencela para votar polo Partido Nacionalista Vasco nas súas primeiras eleccións, voto que ela rexeitou en beneficio do Partido Popular. En 1995 afiliouse a Novas Xeracións do Partido Popular, e foi convencida por José Eugenio Azpiroz para presentarse como candidata ás eleccións municipais en Irún, sendo elixida concelleira. Ós 24 anos participou nunhas xornadas do partido en Madrid, durante as que causou boa impresión a José María Aznar, por aquel entón Presidente do Goberno. En novembro de 1998 accedeu ó Parlamento Vasco como deputada por Guipúscoa. Na lexislatura 2005-2009 presidiu a Comisión de Traballo e Acción Social e foi a representante da Cámara no Consello Vasco de Benestar Social. Tamén estivo á fronte das Secretarías de Política Social do PP en Guipúscoa e no País Vasco. miniatura|Arantza Quiroga con 24 anos nunhas xornadas do partido en Madrid en conmemoración das primeiras eleccións democráticas, en 1998 onde deu un discurso. O 12 de xullo de 2008 foi elixida Vicesecretaria Xeral do Partido Popular para o País Vasco durante o XII Congreso rexional do partido, e foi cabeza de lista do partido por Guipúscoa (e número 3 do PP vasco) nas eleccións autonómicas vascas celebradas o 1 de marzo de 2009, sendo reelixida como deputada. O 31 de marzo, Antonio Basagoiti elixiuna candidata para presidir o Parlamento vasco, resultando electa para o posto o 3 de abril, o que xerou críticas pola súa ideoloxía conservadora e polo feito de non falar o éuscaro.
As primeiras 64 palabras das 485 das que constaba o seu primeiro discurso como Presidenta do Parlamento Vasco foron en éuscaro, o que foi obxecto de críticas positivas e negativas."64 palabras en euskera" El País.
Ideoloxía Arantza Quiroga defínese como católica e defensora da familia, situándose na á conservadora do Partido Popular. Catalogou a lei do aborto introducida polo Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero de "insensatez", e apoiou as declaracións do Papa Bieito XVI sobre o preservativo. Segundo algúns medios de comunicación, é simpatizante do Opus Dei.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco Categoría:Deputados do Parlamento Vasco Categoría:Políticos do PP Categoría:Nados en Irún Categoría:Nados en 1973