Iniciativa Internacionalista - A Solidariedade entre os Pobos, ou simplemente Iniciativa Internacionalista (II) foi unha das candidaturas que se presentaron ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2009 en España. O eixo do seu discurso era a defensa do dereito de autodeterminación e dun modelo económico socialista. A lista estivo encabezada polo dramaturgo Alfonso Sastre, próximo á esquerda abertzale, e outros membros da mesma foron a avogada Doris Benegas (Izquierda Castellana), o escritor e político Xosé Luís Méndez Ferrín (Fronte Popular Galega) e a dirixente de Corriente Roja Ángeles Maestro.
Ideoloxía Os eixos básicos do seu programa consisten en: Xustiza social, avogando por que a crise económica a paguen os banqueiros e millonarios, e defendendo un modelo económico non capitalista. Defensa dos dereitos humanos e liberdades civís que consideran non respectados en España, e da soberanía nacional dos diferentes pobos do estado. Loita contra a discriminación de xénero. Dereito de autodeterminación. Loita contra a estrutura económica actual da Unión Europea.
Membros e apoios As organizacións que se integran nesta candidatura son: as xa citadas Izquierda CastellanaDoris Benegas, número 2 das listas de Iniciativa Internacionalista, en Kaos en la Red, 3 de maio de 2009, Fronte Popular GalegaA FPG intégrase en Iniciativa Internacionalista para concorrer ás eleccións europeas, Vieiros, 6 de maio de 2009 e Corriente RojaCorriente Roja impulsa y participa en Iniciativa Internacionalista , en Corriente Roja, 24 de abril de 2009; Cucha Independentista AragonesaCucha Independentista manifiesta o suyo refirme y partizipación en a coalizión Iniziatiba Internazionalista, en Kaos en la Red, 3 de maio de 2009, Comuner@s, Lucha InternacionalistaLucha internacionalista participa de una amplia coalición de partidos, en Lucha Internacionalista, visto o 7 de maio de 2009 e Iniciativa Comunista.
Ademais, na lista están presentes persoas como Josep Garganté Closa, da CGT; Juan Ignacio Orengo, de Comisiones Obreras e Antonio Sardá Artiles, de Confederación Intersindical Canaria, entre outros. Outros que non están na lista pero participan nas roldas de prensa de II-SP son Carlo Fabretti, escritor; Luis Ocampo, de Corriente Roja e Alfonso Araque.
Outras formacións, como Jaleo!!!, Endavant ou Nós-Unidade Popular, tamén apoiaron esta candidatura malia non participaren nela. Ademais, o antigo voceiro de Batasuna, Arnaldo Otegi, pediu publicamente o voto para a listaArnaldo Otegi ha pedido el voto para Iniciativa Internacionalista, en Kaos en la Red, 23 de maio de 2009, xa que recollía os criterios da esquerda abertzale de cambio social, autodeterminación e final dialogado da violencia. Porén, precisou que non era a súa lista, senón que tan só estaba de acordo cos principios da mesma.
miniatura|dereita|250px|Presentación da candidatura en Barcelona. Membros da lista Alfonso Sastre, ex candidato de Herri Batasuna e Acción Nacionalista Vasca Doris Benegas, de Izquierda Castellana Josep Garganté Closa, da Confederación General del Trabajo de Cataluña Zésar Corella, da Cucha Independentista Aragonesa Ángeles Maestro, de Corriente Roja Xosé Luís Méndez Ferrín, da Frente Popular Galega Juan Ignacio Orengo, de Corriente Roja Antonio Sardá Artiles, da Confederación Intersindical Canaria Gloria Pérez Berrocal, de CSCA (Comité de Solidaridad con la Causa Árabe Alicia Pérez Herranz, actriz Antonio Nicolás Maira Rodríguez, director de Rebelión.org Jaime Losada Badía, dramaturgo Concepción Bosch Riera, foi nas listas de Barcelona per l'Autodetarminació (BxA) - Federació d'Independents de Catalunya (FIC) nas municipais de 2007 no concello de Barcelona. Celia Camps Pérez David Pérez Ramos Xan Andrés Carballo Rodríguez, secretario de Acción Sindical da Confederación Intersindical Galega. Foi candidato ao Senado no 2004 e ao Parlamento de Galicia no 2005 pola Frente Popular Galega Mustafa Bachir Mohamed, vocal de inmigración da Asociación de veciños de Puente de Vallecas (Madrid) Adrián Ruiz Ibáñez, de Cucha Independentista Aragonesa. Guillerma Silva Díaz, representante de CCOO no sector da automoción. Membro do comité de empresa de Magneti Marelli Electrónica SL dende 1989. Foi candidata da coalición GPOR-PST (LVS) ao Parlamento Europeo en 1994. Violeta Benitez Romero, de Corriente Roja Alfonso Araque Macias Luis Nicanor Ocampo Pereira, de Izquierda Castellana Luna María Fajó Castro, membro de Chobenalla cando estaba integrada na Chunta Aragonesista. María Rocío Mielgo Blanco, de Comuner@s. José Estrada Cruz, foi candidato de Nosaltres Som-Assemblea d'Unitat Popular (N.SOM-AUP) ao concello de Tarragona no 2007. Foi concelleiro do PSUC no Concello de Tarragona e secretario xeral de CCOO da comarca de Tarragonès. Foi expulsado do sindicato por proporcionar un local para a candidatura Herri Batasuna nas europeas nos noventa. Tras iso, integrouse na CGT.
Anulación da lista O Tribunal Supremo do Estado Español, a instancias do goberno do PSOE, anulou esta candidatura por 11 votos a favor e 5 en contra, ao considerar que, na súa opinión, estaba promovida pola esquerda abertzale (considerada pola xustiza española como "entorno" da organización armada Euskadi Ta Askatasuna)O Supremo anula a lista de Méndez Ferrín , A Nosa Terra.. Na candidatura non había ningún vasco.
As reaccións non se fixeron esperar por parte de II, que presentou unha querela criminal contra os ministros do goberno español Alfredo Pérez Rubalcaba e Francisco Caamaño por difamación, así como tamén tentou contrarrestar a sentenza do Tribunal Supremo recorréndoa perante o Tribunal Constitucional.
Diversas personalidades da cultura galegaManifesto apoiado por diversas personalidades e colectivos., española e mais o premio Nobel da Paz arxentino Adolfo Pérez Esquivel, fixeron público o seu apoio á candidatura encabezada pos Alfonso Sastre, mediante cartas ou manifestosA cultura apoia II baseándose na liberdade de expresión.. Izquierda AnticapitalistaAnte la ilegalización de II por el Tribunal Supremo , en Izquierda Anticapitalista, 17 de maio de 2009, Nación AndaluzaNación Andaluza ante el proceso de ilegalización de II, en Kaos en la Red, 19 de maio de 2009, PCPENo a la ilegalización de II, en PCPE, 14 de maio de 2009, PCPG e FPG tamén se solidarizaron coa candidatura e esixiron a revogación do auto do TS.
Finalmente, o Tribunal Constitucional concedeu amparo a Iniciativa Internacionalista, concluíndo que:
A decisión do TC non sentou ben no eido político do nacionalismo español. A voceira do Partido Popular no Congreso dos Deputados, Soraya Sáenz de Santamaría cualificouna de "profundo erro" e "paso atrás", e diversos membros do PP manifestaron opinións semellantesEl PP sitúa al Constitucional fuera de la realidad, en Público, 23 de maio de 2009. Ramón Jáuregui, número 2 da lista do PSOE nas eleccións europeas, manifestou que respectaba a sentenza, mais considerou que había elementos probatorios da vinculación con Batasuna, e na mesma liña pronunciáronse outros dirixentes do partidoJáuregui y De Grandes acatan al TC pero reiteran que hay "indicios" contra Iniciativa Internacionalista, en Público, 22 de maio de 2009. Dende Izquierda Unida, Cayo Lara mostrouse satisfeito, como fixeron tamén PNV, Eusko Alkartasuna, Aralar e ERC. Pola súa parte, Rosa Díez (UPyD), dixo acatar a sentenza, mais cualificouna de "mala nova" e manifestou:
Resultados Finalmente a candidatura obtivo 175.895 votos (1,12 %), con destacados resultados no País Vasco. Foi a sétima candidatura en número de votos, e a primeira das que non obtiveron representación.
En Galiza tamén foi a sétima candidatura en número de votos, con 3.373 (0,31 %).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Internacionalismo (política) Izquierda Castellana Comuner@s
Ligazóns externas Blog da sección galega de II
Categoría:Partidos políticos desaparecidos de España