Sakata (酒田市, さかたし, Sakata-shi) é un concello da prefectura de Yamagata no Xapón. Está situado no centro-oeste da rexión de Tōhoku e ao norte da prefectura, ao leste da illa de Honshū. Ten 602,79 km² de superficie, unha poboación de 113.494 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 188 h/km².

O concello de Sakata limita cos concellos de Tsuruoka, Mikawa, Shōnai, Tozawa, Sakegawa, Mamurogawa, Yuza (que son da prefectura de Yamagata); e Yurihonjō (este último é da prefectura de Akita).

Historia 1889 - Sakata fundouse como un concello de vila dentro do distrito de Akumi (飽海郡, あくみぐん). 1933 - O concello de Sakata converteuse nunha cidade.

Transporte Aeroporto de Shōnai (庄内空港) Aeroliñas e destinos All Nippon Airways (全日空, ANA) - Tokyo-Haneda.

Cidades irmandadas Schelesnogorsk-Ilimski, óblast de Irkutsk, Rusia (1979).

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Sakata .

Categoría:Prefectura de Yamagata Categoría:Concellos do Xapón