Kanuma (鹿沼市, かぬまし, Kanuma-shi) é un concello da prefectura de Tochigi no Xapón. Está situado ao norte da rexión de Kantō e no centro-oeste da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. Ten 490,62 km² de superficie, unha poboación de 103.084 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 210 h/km².

O concello de Kanuma limita cos concellos de Nikkō, Utsunomiya, Mibu, Nishikata, Tochigi, Sano (que son da prefectura de Tochigi); e Midori (este último é da prefectura de Gunma).

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Kanuma .

Categoría:Prefectura de Tochigi Categoría:Concellos do Xapón