Ubaldo Pasarón Lastra, nado en Ribadeo o 16 de agosto de 1827 e finado en Santo Domingo de Guzmán o 21 de marzo de 1864,«Ubaldo Pasarón y Lastra» , Diccionario biográfico español, Real Academia de la Historia. foi un militar, inventor e escritor en lingua castelá de orixe galega.

Traxectoria Irmán de Ramón Pasarón Lastra. Foi Capitán do exército español, co que foi destinado a Hispanoamérica. Escribiu dende moi novo poesía, teatro e diversos textos verbo da milicia. Foi colaborador de varios xornais madrileños. Publicou Poesías y leyendas (1850) e Instrución castrametaria o breve método para acampar la Infantería en yermos y despoblados (1861).

Como inventor, ideou un globo dirixíbel de rumbo fixo co que sería posible dar a volta ao mundo, a unha altura dunha legua e en 11 días. Ideouno estando na Habana e sendo capitán de infantaría, e fíxoo público nun artigo na Gaceta de La Habana dos días 24 e 29 de abril de 1862, e pouco despois mediante un folleto publicado na devandita cidade e reeditado ese mesmo ano, moi ampliado e corrixido, baixo o título Pilotage Aereonáutico.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Inventores de Galicia Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1827 Categoría:Finados en 1864 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público