O seo (termo que provén do latín sinus co significado de «curvatura , sinuosidade, pregamento»), peito ou mama é cada unha das glándulas das femias dos animais mamíferos que producen o leite, alimento necesario para a lactación das crías desde o parto. Están situados na parte ventral do corpo, na rexión anterosuperior lateral do tronco na muller e nas femias dos primates, e na rexión anterocaudal sobreexposta á pelve nas femias dos mamíferos inferiores. Nas femias dos animais mamíferos recibe o nome de ubre. Tanto nos mamíferos superiores como nos inferiores, o seo abrangue a glándula mamaria e os condutos galactóforos, empregados para a lactanción.

Na anatomía humana, as mamas desenvólvense nun par, correlativas á área antes descrita para o ser humano e os primates, mentres que en mamíferos inferiores adoita dobrar o número na rexión descrita anteriormente. A súa estrutura é xeralmente asimétrica —a esquerda é de maior tamaño ca dereita na maioría dos casos, o contrario é moi pouco frecuente—, e sitúanse baixo a pel no tórax de todas as mulleres da especie humana.

Os mamíferos machos tamén posúen mamas, aínda que estas non están completamente desenvolvidas. Porén poden desenvolverse como consecuencia de distintas enfermidades conxénitas, como o pseudohermafroditismo.

Estrutura da mama 215px|miniatura|upright|Diagrama esquemático dun seo (sección dunha muller adulta humana) - Lenda: 1. Caixa torácica; 2. Músculo peitoral; 3. Lóbulos; 4. Mamila; 5. Aréola; 6. Ductos; 7. Tecido adiposo; 8. Pel Os seos están constituídos por tres tipos de tecido: tecido adiposo, tecidos conectivos e glándulas mamarias, que producen o leite que é conducido a través de ductos ás mamilas. As glándulas mamarias distribúense por todo o seo, aínda que dous terzos do tecido glandular se encontran nos 30 mm máis próximos á base da mamila.Anatomy of the lactating human breast redefined with ultrasound imaging, D.T. Ramsay et al., J. Anat. 206:525-34. O resto das mamas está composto por tecido conxuntivo (coláxeno e elastina), tecido adiposo (graxa) e unha aponeurose chamada ligamento de Cooper. A proporción de glándula e tecido adiposo parte de 1:1 en mulleres non lactantes, até 2:1 en mulleres lactantes.

Os homes tamén posúen glándulas mamarias e mamilas, mais non hai produción de leite debido á falta da hormona feminina estróxeno.

É comunmente aceptado por biólogos que o obxectivo real da evolución das mulleres de teren seos é atraer os machos da especie , sendo os seos unha das principais características sexuais secundarias. Algúns biólogos sosteñen que a forma dos seos femininos evolucionou como unha especie de complemento estético fronte ás formas das nádegas; outros cren que os seos evolucionaron desta forma para previr que os bebés non se sufoquen mentres maman (debido a que os bebés non posúen unha mandíbula protuberante como outros primates, o nariz podería ser bloqueado por un peito feminino liso durante a lactación). De acordo con esta teoría, cando a mandíbula dos homínidos diminuíu, os seos aumentaron de tamaño para compensar esta diminución.

Drenaxe linfática Aproximadamente o 75% da linfa procedente das mamas viaxa aos ganglios linfáticos da axila do mesmo lado. O resto viaxa para os nódulos linfáticos paraesternais, para a mama no lado oposto e finalmente para os ganglios linfáticos abdominais. Os ganglios axilares inclúen o grupo inferior ou pectoral -que drena a parte profunda e trasmuscular-, o grupo interno ou subescapular -que drena a parte interna da glándula mamaria- e o grupo externo ou umeral -que drena a parte externa da mama-.

Esta drenaxe é particularmente importante na oncoloxía, porque as mamas son un sitio frecuente de desenvolvemento do cancro; de maneira que se se desprenden células malignas do tecido mamario, poderían espallarse por outras partes do corpo a través do sistema linfático para producir metástases. O feito de que os vasos linfáticos percorran o tecido trasmuscular do pectoral maior é xustificativo para a extirpación dese tecido no tratamento cirúrxico do cáncer de mama -a chamada de mastectomía radical por Halsted-.

Forma e soporte

miniatura|dereita|Seos relativamente redondos que caen case horizontalmente

As mamas varían en tamaño e forma. A súa aparencia externa non responde a súa anatomía interna ou o seu potencial de lactación. A forma da mama depende sobre todo do seu soporte, o cal provén principalmente dos ligamentos de Cooper e do tecido torácico subxacente sobre o cal descansa. Cada mama adhírese na súa base á parede torácica por unha fascia profunda, que cobre o músculo pectoral. Na parte superior do tórax recibe algún apoio da pel que as reviste. Esta combinación de apoio anatómico é o que determina a forma dos seos. Nun pequeno grupo de mulleres, os ductos frontais son visíbeis por non se mesturaren co tecido que as rodea.

A localización do mamila en relación á dobra inframamaria coñécese como ptose, no cal a mama cae de tal maneira sobre o peito que a mamila supera a dobra inframamaria. Nalgúns casos, todo o conxunto mamila-aréola pode eventualmente chegar a caer até o nivel do embigo. A distancia entre a parte superior da mamila e a base do esterno nun seo xove ten unha media de 21 cm e é unha medida antropométrica usada para determinar a simetría e a ptose mamaria. Hai seos nunha gama de proporción entre a lonxitude e o diámetro da base, variando de 1:2 a 1:1.

Anatomía

miniatura|Os seos son zonas eróxenas As mamas están situadas sobre o músculo pectoral maior e, xeralmente, prolónganse verticalmente a partir do nivel da segunda costela, até a sexta ou sétima. No sentido horizontal, esténdense desde o bordo do óso esterno até unha liña media, imaxinaria, na axila. Na parte máis separada do tórax, á altura do terceiro espazo intercostal, a pel especialízase para formar a mamila e a aréola.

Cada mama limita na súa cara posterior coa aponeurose (ou fascia) do músculo pectoral e contén abundante tecido adiposo onde non hai tecido glandular. A graxa e o tecido conxuntivo, xuntamente cos ligamentos de Cooper (que ligan a glándula á pel), constitúen un verdadeiro soporte que dan forma e a sosteñen, permitindo o deslizamento normal do seo sobre a musculatura subxacente. A mama tamén contén vasos sanguíneos, venosos e linfáticos, así como elementos nerviosos. Non existe nada dentro do peito que se pareza a unha cápsula continua que envolva o seo. Realmente, é moi común que exista un tecido chamado aberrante ou ectópico (literalmente "fóra de sitio"), en zonas moi afastadas da mama.

O cuadrante superior lateral (o máis afastado do esterno) esténdese diagonalmente na dirección da axila e coñécese como o rabo de Spence. Unha fina capa de tecido mamario esténdese desde encima da clavícula até a sétima ou oitava costelas por abaixo e desde a liña media até o bordo do músculo grande dorsal. Non é raro encontrar tecido mamario no oco da axila ou baixo a pel, na parte anterior do abdome.

A circulación sanguínea arterial da mama provén da arteria torácica interna (antes coñecida como arteria mamaria interna), que deriva da arteria subclavia, a arteria torácica lateral, a arteria toracoacromial (ambos orixinarios da arteria axilar) e das arterias intercostais posteriores. A drenaxe venosa dos seos realízaa principalmente a vea axilar, mais tamén pode intervir a vea torácica interna e as veas intercostais. Tanto os homes como as mulleres teñen unha alta concentración de vasos sanguíneos e nervios nas mamilas.

Tanto nos homes como nas mulleres hai unha gran concentración de nervios e vasos sanguíneos nas mamilas que son, por esa razón, altamente eróxenas. En ambos os sexos as mamilas teñen capacidade eréctil en resposta tanto a estímulos sexuais, como ao frío. A innervación das mamas vén proporcionada por ramas frontais e laterais das IV a VI ramas intercostais, provenientes dos nervios espiñais. A mamila é innervada pola distribución do nervio torácico T4.

Embrioloxía Embrioloxicamente o tecido glandular da mama non é só o produto de desenvolvemento desproporcionado -en termos morfolóxicos e funcionais- de glándulas sudoríparas modificadas da pel, adaptadas para a produción de leite. O leite materno é un tipo de secreción de alto valor nutritivo, debidamente adaptado ás necesidades dos nenos acabados de nacer e única fonte de alimento e de anticorpos durante os primeiros meses de vida.

O desenvolvemento mamario durante a puberdade ocorre debido ao estímulo das hormonas ováricas, principalmente estróxenos e proxesterona. O estróxeno estimula o desenvolvemento da porción excretora da glándula mamaria -principalmente os galactóforos- e a proxesterona é responsábel do desenvolvemento da porción secretora -os lóbulos-. Estas hormonas estimulan o desenvolvemento de características sexuais femininas, producindo o mesmo efecto sobre os homes cós desequilibrios hormonais, ou aqueles que queren mudar a súa identidade sexual.

A alimentación con leite materno é coñecida como lactación. O acto de alimentar directamente o lactante coñécese como aleitamento e realízase pola succión directa da mamila pola boca do bebé.

Estética miniatura|150px|Seos nunha pintura de Gustave Courbet As mamas son vistas por moitos como un indicativo fundamental de feminidade ou un atractivo sexual, e por causa diso algunhas mulleres que pasan por procesos de mastectomía debido a un cáncer recorren á cirurxía para a súa reconstrución. A mastoloxía é o ramo da medicina que coida das doenzas que sofren as mamas.

Para aumentar os seos, algunhas mulleres sométense a cirurxía plástica de recheo interno con silicona. Cando o material non é adecuado ou a cirurxía está mal feita, esa práctica pode ocasionar efectos colaterais graves e irreversíbeis. Algúns especialistas diverxen sobre a necesidade desta cirurxía, algúns alegan que o risco compensa a autoestima adquirida da muller.

A cirurxía para a redución das mamas, retirando graxa ou nalgúns casos parte da glándula mamaria, tamén se practica por cuestións de estética ou por problemas posturais, debidos ao peso forzando a columna vertebral.

Fisioloxía da mama miniatura|150px|Tarxeta postal francesa mostrando unha muller cos seos á vista Mudanzas durante a puberdade Durante a puberdade os seos crecen estimulados polos hormonas sexuais que actúan, aproximadamente, até os vinte anos de idade. O desenvolvemento dos tecidos adiposo e conectivo aumenta baixo a influencia doutras hormonas, como a proxesterona, prolactina, corticoides e hormona do crecemento.

Mudanzas durante a gravidez O aumento dos niveis de estróxenos e de proxesterona durante o embarazo estimulan o desenvolvemento glandular. As mamas tenden a tornarse esféricas debido ao aumento do tecido adiposo.

Mudanzas durante a lactación A lactación tende a manter as mudanzas ocorridas durante a gravidez. Ao inicio da lactación e durante as primeiras horas, os repetidos movementos de succión por parte do meniño acabado de nacer acaban por provocar a saída dunha secreción espesa e amarelada, rica en colesterol, chamada costro (ou formigo).

Funcións dos seos miniatura|Neno mamando Lactación A produción de leite nas mamas comeza inmediatamente despois do parto. Ao cabo de doce a vinte e catro hora, a muller segrega o costro, líquido ao cal se atribúen propiedades laxantes (dado o seu elevado teor de colesterol), que facilitaría a evacuación do meconio do intestino do recentemente nado. Poucas horas despois as mamas deixan de producir o costro para segregar o leite normal.

A composición do leite normal inclúe proporcións elevadas de auga (até un 85%) e máis de 300 compoñentes. Aínda que poida parecer que isto limite o fornecemento de nutrientes ao bebé, é importante considerar que a osmolaridade elevada non é aínda unha condición equilibrada nos riles do lactante que, nos primeiros meses, debe extraer a auga necesaria exclusivamente do leite e sen outra administración adicional.

miniatura|220px|esquerda|Becerro mamando nun teto