Amakusa (天草市, あまくさし, Amakusa-shi) é un concello xaponés da prefectura de Kumamoto. Está situado no centro-oeste da rexión de Kyūshū e ao suroeste da prefectura, nas illas de Amakusa. A súa superficie é de 683,24 km², a poboación é de 90.714 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 133 hab./km².

O concello de Amakusa limita cos concellos de Reihoku e Kamiamakusa.

Historia A cidade de Amakusa foi fundada pola fusión de 2 concellos de cidades (Hondo e Ushibuka) e 8 concellos de vilas do distrito de Amakusa (Ariake, Goshoura, Kuratake, Sumoto, Shinwa, Itsuwa, Amakusa e Kawaura) no ano 2006.

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Amakusa .

Categoría:Prefectura de Kumamoto Categoría:Concellos do Xapón