Eliseo Alonso Rodríguez, nado en Goián (Tomiño) o 1 de marzo de 1924 e finado na Habana o 18 de novembro de 1996, foi un escritor galego en galego e castelán. Traxectoria No 1950 emigrou a Buenos Aires e traballou na prensa da Arxentina. Colaborou tamén na prensa galega da diáspora como Opinión Gallega, fundou Mundo Gallego, dirixiu Airiños (órgano da Asociación Casa de Galicia) e elaborou o suplemento "Aquí Buenos Aires" de El Pueblo Gallego de Vigo. Á volta a Galicia seguiu colaborando na prensa americana, na española e na galega, especializándose en temas de caza e pesca.
Utilizou en ocasións o pseudónimo Alonso de Goyán en artigos publicados no Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Clarín e outras publicacións.
Obra É autor de varios libros en castelán sobre a súa terra natal así como dalgunhas narracións, os Contos do Miño (1955), a novela A rúa do noxo (Galaxia, 1977) e o libro de relatos para nenos Reiciñeira (1981), que contén contos narrados inicialmente para a súa filla.
No eido do ensaio, escribiu en galego Viños do Rosal e do Condado (1992), e en castelán La pintura de Antonio Fernández (1959), Los ríos de Pontevedra (1966), Bajo Miño y costa sur (1967), Xoán Piñeiro (1981), Gamelas y marineros (1987).
Como poeta, publicou só dous libros en galego: Cantos de cotovía (colección Benito Soto, 1950; limiar de Álvarez Blázquez) e Seara de romances (1952). En castelán tamén escribiu o poemario Tiempo y camino (1974). Bastantes poemas non recollidos en libro viron a luz en revistas hispánicas e americanas.
Da súa obra poética di Francisco Fernández del Riego:
A primeira edición de Contos do Miño, feita en Buenos Aires, foi recomendada por Otero Pedrayo, quen di destes relatos: "Son agromados na petrucial carballada. E como toda primaveira teñen seus fondos ecoares de tristura"Cita na edición deste libro que fixo La Voz de Galicia..
Lingua Aínda que escribiu pouco en galego, a obra de ficción de Eliseo Alonso distínguese polo uso do dialecto do galego que se fala na súa zona e, en xeral, no Baixo Miño. Iso fai que na súa escrita aparezan palabras como vareixa (mosca enorme e noxenta, especialmente a que sobrevoa a carne morta ou podre), careco -a (persoa sen pelo na cabeza), moucho (banco sen respaldo) ou lilailo (ledo), entre outras.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo, 2010-2011, Vigo.
Ligazóns externas Páxina do autor en Xerais Río. Revista cultural miñota da Asociación Cultural Eliseo Alonso
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Tomiño Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Promoción de Enlace