A macrolingüística é o estudo máis comprehensivo das linguas naturais coa inclusión da semántica lingüística, a pragmática e maila sociolingüística.. O termo foi introducido polo lingüista estadounidense George L. Trager..
Fronte á macrolingüística a microlingüística estuda os aspectos vencellados coa estrutura das propias linguas humanas sen preocuparse polo contido semántico ou de interacción social das mesmas.
Compoñentes da macrolingüística Fonética e fonoloxía Para algúns autores a fonética das linguas orais era considerada prelingüística (e do mesmo xeito a queiroloxía das linguas signadas). É dicir, considerábase que a articulación sonora ou xestual como algo irrelevante para a estrutura da lingua. Aínda que algúns autores consideran que a fonoloxía e a morfofonética son parte da microlingüística.
Gramática e sintaxe Os aspectos gramaticais e a descrición da estrucutra sintática dunha lingua, son o núcleo do estudo microlingüístico e, ao mesmo tempo, tamén son parte do enfoque máis comprensivo das linguas que se chama macrolingüística.
Semántica e pragmática Por outra banda a semántica considérase un aspecto metalingüístico da comunicación humana, é dicir, un aspecto só indirectamente ligado á estrutura da lingua en si mesma. Dende ese punto de vista a semántica tería máis que ver co estudo do sistema cognitivo humano xeral máis que co estudo das estruturas lingüísticas en si mesmas. Trager propuxo unha lingüística máis comprehensiva que incluíse o seu estudo como parte integrande dela.
Por outra banda a maioría de enfoques prometedores da pragmática necesitan incluír aspectos xerais do sistema cognitivo humano, xa que, en opinión dalgúns autores a pragmática non pode ser tratada estritamente dentro da lingüística.Escandell, M. V. (2006): Introdución á pragmática, ed. Ariel, Barcelona, ISBN 978-84-344-8267-8, p. 233-239
Lingüística externa A lingüística externa é a parte da macrolingüística que estuda o relacionado cos factores extralingüísticos que inflúen nunha lingua. Entre os aspectos que interesarían á lingüística externa estarían: A relación entre a fala dunha comunidade e os costumes dos seus falantes, A extensión xeográfica e fragmentación en dialectos. As disciplinas específicas que estudan estes aspectos da lingüística externa son sociolingüística, etnolingüística, dialectoloxía e psicolingüística. Outros aspectos sobre os que existiría menor consenso sobre se forman ou non parte da lingüística externa son os seguintes: A relación entre a historia política e social de devandita comunidade, A relación entre a lingua e as institucións, tales como Igrexa e Estado, A actividade cultural e científica da comunidade,
Outras acepcións Doutra banda, tamén se coñece como macrolingüística ao estudo da interacción das linguas e das súas condicións de adquisición, desenvolvemento e funcionamento tanto individual como social. Como tal, sería unha póla da lingüística.
Entre as súas manifestacións máis destacadas cóntanse disciplinas, a miúdo de denominación composta e metodoloxicamente independizadas, como a sociolingüística, a etnolingüística, a psicolingüística, e maila estilística.
Referencia
Bibliografía
Categoría:Lingüística