Navajeros é unha película dramática española de 1980 dirixida por Eloy de la Iglesia, e protagonizada por José Luis Manzano. Foi filmada en Madrid e estreada o 6 de outubro de 1980 en España.
Resumo do argumento A película, ambientada no ano 1980, está centrada na vida de El Jaro, un mozo delincuente habitual fillo dunha prostituta e que procede dun dos barrios marxinais das aforas de Madrid.
Trátase dun momento de difícil acceso ao emprego xa que España ten máis dun millón e medio de parados. Para subsistir nesta difícil situación El Jaro e a súa banda non dubidan en cometer roubos e atracos por todo Madrid e así conseguir diñeiro dunha forma fácil e rápida. Dada a súa curta idade (El Jaro, por exemplo, só ten quince anos) cada vez que son capturados pola policía son encerrados no reformatorio do que non tardan en fuxir para seguir cometendo delitos.
Entre delitos, unha prostituta xa entrada en anos namorarase de El Jaro e acólleo na súa casa para "protexelo". Malia isto, El Jaro confésalle que el namorouse dunha moza máis nova que ela. Mentres El Jaro está en prisión a prostituta decátase de que deixou embarazada á súa noiva e cando este sae do cárcere acolle a ambos dous no seu apartamento, onde a convivencia entre os tres vólvese insoportable.
Os delitos e pelexas vanse solapando co mundo das drogas ata que nun dos seus atracos o Jaro morre vítima de dous disparos, un no tórax e outro na cabeza, xusto o mesmo día en que nace o seu fillo.
Personaxes José Luis Manzano — El Jaro Isela Vega — Mercedes Verónica Castro — Toñi Jaime Garza — El Butano Enrique San Francisco — El Marqués María Martín — Nai de El Jaro José Sacristán — Xornalista José Manuel Cervino — Lara Ramón Reparaz — Comisario Alfred Lucchetti — Cidadán armado José Luis Fernández "Pirri" — El Nene Pep Corominas — Johnny
Ligazóns externas Páxina da película en IMDb
Categoría:Filmes de 1980 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Eloy de la Iglesia