Etchū (越中国, えっちゅうのくに, Etchū-no-kuni ou 越中, えっちゅう) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma a prefectura de Toyama, historicamente na parte de Hokurikudō (北陸道), actualmente na rexión de Chūbu ou rexión de Hokuriku, na illa de Honshū.

Etchū limitaba coas provincias de Noto (能登), Kaga (加賀), Hida (飛騨), Shinano (信濃) e Echigo (越後).

Categoría:Rexión de Chūbu Categoría:Rexión de Hokuriku Etchu