A hipercalcemia é un trastorno hidroelectrolítico no que os niveis sanguíneos de calcio están por riba dos 10,5 mg/dl.
Causas de hipercalcemia As causas de hipercalcemia son moi variables, pero poden agruparse en: Causas tumorais: como é o caso de adenomas paratiroides adenocarcinomas paratiroides neoplasia endócrina múltiple (MEN) Uso de certos fármacos: Litio Alteracións do metabolismo normal da vitamina D: intoxicacións de vitamina D ou vitamina A Alteracións óseas varias: hipertiroidismo, enfermidade de Paget Insuficiencia renal: por intoxicación de aluminio, síndrome de leite-álcali.
Tratamento da hipercalcemia O tratamento da hipercalcemia consiste en solucionar a causa que xera este aumento de calcio sanguíneo. Para facer descender os niveis en sangue empréganse líquidos e diuréticos, coidando que non se produza un descenso secundario dos niveis de potasio ou magnesio. A maiores, o uso de calcitonina dificulta a reabsorción de calcio nos tubos renais. Nalgúns casos pódense empregar glucocorticoides, diálise, nitrato de galio (impide a reabsorción de calcio por parte do óso) ou fosfatos.
Categoría:Trastornos hidroelectrolíticos