L'Eixample (en galego: O Ensanche) é o nome que recibe o distrito número 2 da cidade de Valencia. Limita coa Ciutat Vella polo noroeste, Extramurs polo oeste, Quatre Carreres polo sur e Pla del Real polo nordeste.

Está composto por tres barrios: Ruzafa, El Pla del Remei e Gran Vía. Este territorio anexionouse a Valencia en 1877 canda o resto do municipio de Ruzafa. A súa poboación censada no 2009 era de 44.099 habitantes segundo o Concello de Valencia.

Poboación L'Eixample tiña 44.127 habitantes en 2007, distribuídos entre tres barrios: Russafa (24.937) Pla del Remei (7.071) Gran Via: (12.119)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Plano oficial dos distritos e barrios da cidade de Valencia

Categoría:Distritos de Valencia