Hokuto (北杜市, ほくとし, Hokuto-shi) é un concello da prefectura de Yamanashi no Xapón. Está situado ó sueste da rexión de Chūbu e ó noroeste da prefectura, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 602,89 km², a poboación é de 47.385 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 78,6 h/km².

O concello de Hokuto limita cos concellos de Minamiarupusu, Nirasaki, Kai, Kōfu (que son da prefectura de Yamanashi); Kawakami, Minamimaki, Chino, Fujimi e Ina (que son da prefectura de Nagano).

Historia A cidade de Hokuto foi fundada no ano 2004 pola fusión de 7 concellos do distrito de Kitakoma (Nagasaka, Takane, Ōizumi, Hakushū, Mukawa, Sutama e Akeno). No ano 2006 o concello de Kobuchisawa era o único concello do distrito de Kitakoma naquel momento, e incorporouse ao concello de Hokuto, entón o distrito de Kitakoma desapareceu.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Hokuto . Sitio web oficial da cidade de Hokuto .

Categoría:Prefectura de Yamanashi Categoría:Rexión de Kōshin'etsu Categoría:Concellos do Xapón