O Sindicato Obreiro Galego (SOG) foi un sindicato galego de orientación nacionalista e de esquerdas. O seu voceiro era O Eixo e editaba outros voceiros comarcais e sectoriais. Historia Fundouse en maio 1975 cando o Fronte Obreiro da UPG decide transformase nun sindicato. Formou parte da AN-PG. En abril de 1976 realizou a súa primeira Asemblea Xeral. Desapareceu en marzo de 1977 para dar paso á Intersindical Nacional Galega (ING) ao unificarse cos sindicatos nacionalistas e de clase de rama UTEG (Unión dos Traballadores do Ensino de Galiza), a STGM (Sindicato Traballadores Galegos do Mar), a STGAP (Sindicato dos Traballadores Galegos da Administración Pública), o UTSG (Unión dos Traballadores da Sanidade de Galiza) e a UTBG (Unión dos Traballadores da Banca de Galiza).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía VVAA (2009). Moncho Reboiras. O nacionalismo nos 70. Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas.
Dionisio Pereira, Uxío-Breogán Diéguez e Bernardo Máiz (2010). Síntese histórica do movemento obreiro galego, das orixes até 1984. FESGA, A Coruña.
Outros artigos Fronte Obreiro Confederación Intersindical Galega
Categoría:Sindicatos de Galicia