Piélagos é un concello español de Cantabria, pertencente á comarca de Santander. No ano 2005 tiña 15.748 habitantes
Xeografía Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste con Miengo, Polanco e Torrelavega, ao sur con Puente Viesgo e Castañeda e ao leste con Villaescusa, El Astillero, Camargo e Santa Cruz de Bezana.
Abrangue as lucalidades de Arce, Barcenilla, Boo, Carandía, Liencres, Mortera, Oruña, Parbayón, Quijano, Renedo de Piélagos (Capital), Vioño de Piélagos e Zurita.
Economía Está situado no eixo Santander-Torrelavega, foco industrial e residencial da rexión, participando o municipio destas dúas calidades da zona.
Tradicionalmente, o principal sector da zona foi a gandería, con todo debido á súa estratéxica situación, o municipio foi lugar de asentamento de varias empresas, entre elas algunhas leiteiras, intimamente relacionadas coa explotación gandeira.
Debido á beleza da súa costa e ás boas comunicacións, a construción está experimentando un auxe urbanístico non sempre respectuoso coa natureza e moitas veces masivo pero que efectivamente está aumentando continuamente a poboación de Piélagos.
Natureza Con 8 quilómetros de costa, Piélagos ten sete praias entre as que destaca a de Valdearenas, incluída no Parque natural das Dunas de Liencres, na desembocadura do río Pas.
Símbolos O escudo está timbrado coa Coroa Real pechada e sobreposto a unha cartela de rolos cor pel, como adorno exterior. En campo de prata dúas pontes: o ponte de Arce e o ponte de Carandia estimando que ambos son puntos históricos e xeográficos representativos do municipio.
A bandeira do municipio de Piélagos é de fondo verde está interrompida por dúas franxas brancas, situadas unha na parte superior e outra na parte inferior. Inserido o escudo heráldico rodeado de doce estrelas, que representan aos doce pobos do municipio.
Patrimonio Cinco son os bens de interese cultural do municipio: Torre medieval de Veo, en Arce, coa categoría de monumento. Ponte do século XVII, en Arce, monumento. Palacio da Conquista Real e a súa portalada, en Arce, monumento. Cova de Santián ou de Santiyán, coa categoría de zona arqueolóxica. Cova de El Calero II, en Arce, zona arqueolóxica.
Ademais, hai catro Bens de interese local: Palacio dos Condes de Mortera, en Mortera. Santuario da Virxe de Valencia, en Vioño. Palacio da Chaira ou do Outeiro, en Zurita. Estruturas Militares do Monte Picota.
E tres bens inventariados: Palacio e capela dos Bustamante, en Renedo de Piélagos. A Ponte de Barcenilla, en Barcenilla . Palacio da Flor, en Carandía.
Demografía
Administración Jesús Ángel Pacheco Bárcena (PP) é o actual alcalde do municipio. As seguintes táboas mostran os resultados das eleccións municipais celebradas no ano 2003 e 2007.
Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PP 3.921 44,02 % 9 PSOE 2.162 24,27 % 4 PRC 1.425 16 % 3 AIPP 627 7,04 % 1
Alcalde electo: Jesús Ángel Pacheco Bárcena (PP). Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros PP 5.011 48,32 % 9 PSOE 2.360 22,76 % 4 PRC 1.689 16,29 % 3 AVIDP 749 7,22 % 1
Alcalde electo: Jesús Ángel Pacheco Bárcena (PP).
Categoría:Concellos de Cantabria