Sennan (泉南市, せんなんし, Sennan-shi) é un concello xaponés da prefectura de Osaca. Está situado ó suroeste da prefectura, na zona sur da provincia histórica de Izumi, no centro da rexión de Kinki, e no centro da illa de Honshu. A súa superficie é de 48,48 km², a poboación é de 64.735 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 1.340 hab./km².
O concello de Sennan limita cos concellos de Hannan, Izumisano, Tajiri (que son da prefectura de Osaca); de Iwade e Kinokawa (que son da prefectura de Wakayama).
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Sennan .
Categoría:Prefectura de Osaca Categoría:Concellos do Xapón