Nukunonu, antes coñecida como Nukunono, é un atol das illas Tokelau, dependentes de Nova Zelandia. É o atol situado no medio do arquipélago. Ten unha poboación de menos de 400 habitantes. O atol mide uns 5 km de ancho e uns 12 km de longo.

A illa do nordés, Tokelau, é a que deu nome ao grupo. Hai unha poboación na illa de Nukunonu ao suroeste, que tamén se chama Nukunonu, e outra á beira, o illote de Motusaga. O ao redor da lagoa está libre de coral e poden acceder embarcacións a través do paso entre ambas as illas.

Nukunonu foi descuberto polo inglés Edward Edwards en 1791, e bautizouna como Duke of Clarence.

Categoría:Atois de Tokelau