Neyagawa (寝屋川市, ねやがわし, Neyagawa-shi) é un concello xaponés da prefectura de Osaca. Está situado ó suroeste da prefectura, na zona norte da provincia histórica de Kawachi, no centro da rexión de Kinki, e no centro da illa de Honshu. A súa superficie é de 24,73 km², a poboación é de 238.556 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 9.650 hab./km².

O concello de Neyagawa limita cos concellos de Settsu, Moriguchi, Kadoma, Daitō, Shijōnawate, Katano, Hirakata e Takatsuki.

Economía Onkyo (オンキヨー株式会社).

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Neyagawa .

Categoría:Prefectura de Osaca Categoría:Concellos do Xapón