Galicia () ou GalizaO termo Galiza, segundo as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego da Real Academia Galega do ano 2003, acéptase para referírmonos á Comunidade Autónoma de Galicia (mantendo esta última como forma recomendada), xa que a pesar do estabelecido nas NOMIG, que xunto co VOLG son os únicos textos con carácter normativo para a lingua galega (véxase «Lei de normalización lingüística»), sobre o carácter equivalente dos termos Galicia e Galiza, o Estatuto de Autonomía, di, no seu Artigo 1. 1. Galicia, nacionalidade histórica, constitúese en Comunidade Autónoma...polo que este é o nome oficial da comunidade autónoma. () é unha naciónSegundo o Dicionario da Real Academia Galega: "nación s.f. Comunidade humana, instalada nun territorio definido, que pode estar ou non politicamente organizada como estado, e que se caracteriza por ter unhas tradicións históricas e culturais comúns, os mesmos intereses económicos e unha unidade lingüística ou relixiosa. A nación de Breogán. Sociedade de nacións. CF. país, pobo, terra." No dicionario Digalego, Ir Indo. "Nación (lat. natione). s.f. Comunidade de individuos aos que uns vínculos determinados, basicamente culturais, económicos e unha historia común, lles dan unha fisionomía propia, diferenciada, e unha vontade de organización e proxección autónoma que os leva a querer dotarse de institucións propias, ata que se constitúa o estado." recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. miniatura|Galicia en Europa. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España. Así mesmo, como unha das seis autonomías con dereito foral, posúe o seu Dereito civil propio.

A súa superficie é de 29 576,74 km², pola que se espallan 30 377 núcleos de poboación, a metade dos existentes en España. Estes esténdense por 3 771 parroquias, que compoñen 313 concellos, agrupados en 53 comarcas e catro provincias. Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial.Establecida pola Lei 1/1982, do 24 de xuño, e desenvolta na Lei 4/2002, do 25 de xuño. Forman parte do territorio unha serie de illas e illotes próximos á costa, entre os que destacan a Illa de Arousa e as illas Cíes e Ons.

Galicia posúe 2 714 741 habitantes dos que 1 306 827 son homes e 1 407 914 mulleres (datos a 1 de xaneiro de 2025). Conta cunha distribución da poboación que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. Os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios de poboación son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra e Ferrol.

O concello máis poboado é o de Vigo con 295 735 habitantes (datos de 2025) e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 237 habitantes no 2025. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,42 km² e o máis pequeno o de Mondariz Balneario con 2,31 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6 545,18 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,62 hab./km² no 2020.

Galicia xurdiu como entidade política no século III, coa creación da provincia romana da Gallaecia. Cuns límites que superaban os actuais, recibía o seu nome dos galaicos, o pobo celta que levaba morando en castros ao norte do río Douro polo menos o último milenio. As súas terras, habitadas dende o primeiro período da era prehistórica, o Paleolítico inferior, foran incorporadas ao Imperio Romano ao final das guerras cántabro-astúrico-galaicas no 19 a. C. Coa chegada dos suevos contra o ano 410, Galicia constituíuse como reino e foi o primeiro Estado medieval de Europa. Este reino suevo-galego, alén de ser o primeiro en se separar do Imperio Romano, foi tamén o primeiro en cuñar moeda propia, en se converter ao catolicismo e en chegar a dominar case toda a Península Ibérica. En 585 foi incorporado ao reino visigodo, tornándose o espazo galego nunha das tres unidades que conformaban o conxunto rexido polos monarcas; con rei propio nalgunha ocasión. Após a caída visigoda en 711, en Galicia comezouse a conformación dun novo reino cristián. Consolidado o poder rexio no século IX, o reino de Galicia atinxiu a hexemonía peninsular durante o período entre os séculos XI e XIII, sendo un dos centros políticos máis importantes da Europa Occidental, nunha etapa de máximo esplendor económico, artístico e cultural, en que proxectou a lingua e literatura galegas alén das súas fronteiras. A independencia de Portugal en 1139, a separación de Castela en 1157 e a individualización de León no mesmo século restrinxiron o territorio do antigo reino ao propiamente galego. Por diferentes vicisitudes políticas, Galicia aínda sufriría unha serie de mutilacións territoriais na súa franxa leste, primeiro coa perda do Eo-Navia nesa centuria e despois coa do Bierzo e a Seabra séculos despois. Tras a unión dinástica en 1230 na persoa do rei de Castela, o reino mantivo o seu particularismo político, mais comezou unha progresiva decadencia debido ao afastamento do centro de poder. Con posterioridade tentáronse desenvolver proxectos políticos propios mediante entronizacións de reis non casteláns como Xoán I (1296), Fernando I de Portugal (1369) ou Xoán de Gante (1386). O século XV supuxo o cumio do poder para os señores feudais galegos, que gobernaron coma reis nos seus dominios, ata que a fracasada gran revolta irmandiña (1467-1469) e o conflito sucesorio (1475-1479) propiciaron a chamada doma e castración do Reino de Galicia, consumada en 1486 polos Reis Católicos. Como un dos reinos da Monarquía Hispánica, Galicia seguiu a ser unha entidade xurídica independente ata 1833, cando os antigos reinos foron abolidos para crear un estado centralizado. Anteriormente, en 1808 tivera total soberanía coa súa Xunta Suprema no contexto da guerra contra o invasor francés. Durante os séculos XIX e XX houbo diferentes correntes galeguistas (provincialismo, rexionalismo, nacionalismo), medrando a demanda de autogoberno e recoñecemento da identidade cultural e lingüística galegas. Isto, alén dunha efémera República Galega en 1931 e do recoñecemento internacional como nación en 1933, resultou no Estatuto de Autonomía de 1936, frustrado polo inmediato Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e a posterior longa ditadura. Após a súa finalización coa morte do ditador, aprobouse o Estatuto de Autonomía de 1981, o cal dotou a Galicia dun relativo autogoberno.

Etimoloxía

Os nomes "Galiza" e "Galicia" derivan da palabra latina Gallaecia (ou Callaecia), que significaba literalmente «terra dos galaicos». CallaeciaCurchin (2008) p. 111. 'a terra dos Callaeci', de *kallā- «madeira»cf. Matasovic (2009) s.v. *kallī-. co sufixo complexo local -āik-. Posteriormente tornouse Gallicia, actual Galicia ou Galiza. Os galaicos (en latín: Gallaeci, en grego: Καλλαϊκοί) foron o pobo máis numeroso do noroeste da Península Ibérica xa antes da súa integración ao Imperio Romano no século I a. C., aínda que algúns autores consideran que en orixe o termo "galaico" era empregado para denominar unha pequena tribo ao norte do río Douro, os callaecos; sexa como for, este nome acabou por denominar todo un grupo étnico de lingua celta e culturalmente homoxéneo, situado entre o mar Cantábrico e o río Douro.Los celtas: la Europa del hierro y la Península Ibérica. Pedro Damián Cano Borrego. p118

A primeira referencia histórica dos galaicos, remóntase ao ano 136 a. C., cando o xeneral romano Décimo Xunio Bruto Galaico regresa a Roma —despois da súa vitoriosa campaña bélica contra dous pobos previamente descoñecidos, lusitanos e galaicos— recibindo do propio Senado romano o título de Gallaecus ou "galaico" en honor á dura expedición militar contra estes. Tras estes primeiros contactos, o mundo grecolatino vai denominar o seu país como Gallaecia, tal e como fixeron Estrabón, Plinio e Apiano, entre outros. Será este nome Gallaecia a que irá evolucionando durante máis de trece séculos, e que acabará por adoptar as formas "Galiza" e "Galicia".

Máis controvertido é, non obstante, o significado orixinario do termo Gallaicus (galaico) e consecuentemente de Gallaecia. O primeiro autor que teorizou sobre isto foi Isidoro de Sevilla, quen no século VII explicaba que o nome "galaico" aludía á pel branca como o leite que tiñan os seus habitantes, de xeito similar aos habitantes da GaliaDe preconiis Hispanie. Joannes Aegidius. Universidad de Madrid. 1955. p229. Serán moitos autores posteriores os que tenten buscar o significado deste nome, tales como Afonso X o Sabio, Ramón Barros Sivelo ou Murguía, mais hoxe tende a relacionarse con étimos das linguas celtas, e indoeuropeas en xeral, de maneira que o significado exacto da palabra é, actualmente, descoñecido.

Símbolos de Galicia

Bandeira de Galicia

Aínda que durante séculos, a antiga bandeira galega foi de fondo azul con cruces douradas, e un gran copón no centro ao xeito do escudo, a actual bandeira galega foi creada a finais do século XIX polos galeguistas históricos do Rexurdimento, como insignia nacional,Os Símbolos de Galicia pp88-89 ondeando dende polo menos o ano 1891. Ten fondo branco e presenta unha franxa azul dende o ángulo superior esquerdo ata o inferior dereito.

Escudo de Galicia

O cáliz, figura heráldica que representa a Galicia, foi documentado por vez primeira no escudo dos reis de Galicia (roys de Galyce) do Armorial Segar de Inglaterra no ano 1282. Ten experimentado diferentes cambios ao longo do tempo, o actual escudo de Galicia é descrito no artigo número 3 da Lei de símbolos de Galicia:

Himno galego

O himno galego (Os Pinos) é o símbolo acústico máis solemne de Galicia como comunidade política. O texto son as dúas primeiras partes (catro primeiras estrofas) do poema Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal, e a música é da autoría de Pascual Veiga. Estreouse na Habana, Cuba, o 20 de decembro de 1907. Ademais a Antiga Marcha do Reino de Galicia é recoñecida na Lei 5/1984, do 29 de maio, de símbolos de Galicia como distintivo tradicional.

Historia

Prehistoria

miniatura|esquerda|Dolmen de Corveira, construído entre o IV e III milenios a. C., é unha típica anta de corredor que forma parte do conxunto Sotorraño-Parxubeira-Portocoiro, Eirón, Mazaricos. As primeiras probas líticas de presenza humana en Galicia remóntanse a hai uns 300.000 anos, no Paleolítico inferior, durante o Plistoceno medio. Apareceron restos destes poboadores por todo o litoral, dende Ribadeo ata A Guarda. Estes restos son instrumentos líticos, que nos amosan unha industria acheuliana a base de bifaces, fendedores, triedros... feitos sobre unha base de cuarzo ou cuarcita. Coñécense dúas culturas, o Paleolítico inferior arcaico (ou "cultura dos cantos tallados") e o Paleolítico inferior clásico ou acheuliano. A técnica é máis simple na primeira delas. As industrias son simples e o número de tipos reducido.

A primeira claramente identificada, caracterízase pola súa capacidade construtora e arquitectónica, xunto co seu sentido relixioso, fundamentado no culto ós mortos como mediadores entre o home e os deuses. Este sentido relixioso abrangue a súa importancia ata a actualidade. Estaban constituídos en clans. Desa época dan testemuña milleiros de mámoas e medorras espalladas por todo o territorio. miniatura|esquerda|Europa segundo Estrabón coa localización das Casitérides. Idade de Bronce