Vigo () (tamén coñecida como a cidade olívicaVigo, cidade olívica.) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo, a máis meridional das Rías Baixas.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas de Morrazo e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Con 480 525 habitantes na área metropolitana e 296 227 habitantes na cidade en xullo de 2023, é o concello máis poboado de Galicia, o décimo cuarto de España, e o primeiro sen rango de capital de provincia. A súa extensión é de 109,06 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2720,45 hab/km² aínda que na zona urbana se incrementa notablemente.

Xeografía

Limita ao norte co océano Atlántico, ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos concellos do Porriño e Gondomar, e ao suroeste co concello de Nigrán.

A cidade presenta unha topografía variada na que se suceden áreas deprimidas e sectores elevados, zonas case chás e outras en pendente, estando o seu centro nun monte, o Castro, con 149 metros de altura e unha superficie de 21 ha.Datos sacados de ; pola contra, dálle unha altura de 80 metros. Isto fai que moitas das rúas dos barrios centrais sexan pendentes moi pronunciadas. Salienta como punto máis alto o Monte Galiñeiro, seguido do Monte Alba, ambos os dous pertencentes á Serra do Galiñeiro.

División administrativa O concello de Vigo ten un gran núcleo urbano, no que prima a división administrativa baseada nos barrios, como As Travesas, O Calvario, O Berbés, Casabranca, O Areal, O Castro... Porén, a división tradicional en parroquias, formada por aldeas e lugares, segue estando moi viva. miniatura|Parroquias históricas de Vigo As parroquias históricas do concello de Vigo son: Alcabre, Beade, Bembrive, Bouzas, Cabral, Candeán, Castrelos, Coia, Coruxo, Freixeiro, Lavadores, Matamá, Navia, Saiáns, San Miguel de Oia, Santo André de Comesaña, Sárdoma, Teis, Valadares, Santa María de Vigo, Santiago de Vigo e Zamáns.

Debido ao crecemento da cidade, foron creadas novas parroquias eclesiásticas, tanto no núcleo urbano, como San Francisco do Berbés, Santo Antonio da Florida, Santa Marta de Balaídos, Santa Lucía da Salgueira ou San Xoán do Monte, como tamén na zona periurbana, como San Paio de Lavadores, Santa Clara ou Santa Tareixa de Xesús. Dúas delas, A Florida e San Paio conseguiron o rango de parroquia civil no Nomenclátor de Galicia, mais non aparecen no Nomenclátor estatístico de Galicia. Ao igual que Bouzas e Coia (e algunhas partes de Lavadores, Freixeiro e Teis), os datos censuais destas últimas son incluídos dentro da cidade de Vigo. Á esquerda pode verse o mapa das parroquias eclesiásticas do concello. miniatura|División en parroquias eclesiásticas de Vigo.|esquerda Eclesiasticamente divídese en seis arciprestados: Vigo-Santo André, Vigo-Fragoso, Vigo-Lavadores, Vigo-Teis, Vigo-Casabranca e Vigo-Centro.

Clima O clima da cidade de Vigo é oceánico con influencias mediterráneas (tipo "Csb" na clasificación climática de Köppen). Caracterízase por uns invernos suaves e chuviosos e uns veráns cálidos pero non extremos, xa que as temperaturas non adoitan superar os 35 °C. A cidade caracterízase por un clima suave, con escasas xeadas, variacións térmicas moderadas e con precipitacións elevadas e certa seca estival. Pódese dicir que é un clima oceánico de transición ao mediterráneo, un clima privilexiado característico das Rías Baixas. O mar exerce unha acción suavizadora do clima, reducindo a diferenza de temperaturas estivais e invernais. Os ventos do nordés arrastran no verán as augas superficiais quentes permitindo así o afloramento das frías. Debido á súa baixa temperatura, esas augas non forman nubes, o que provoca a falta de chuvias durante o verán.

A ría de Vigo é un dos puntos máis chuviosos de Galicia, con abondosas precipitacións e rexistro de 1 918 milímetros anuais, segundo fontes da AEMET (Axencia Estatal de Meteoroloxía). Isto provoca que Vigo sexa a terceira cidade de Europa onde máis chove ao ano (medido en litros por metro cadrado) tras Trondheim (Noruega, primeira) e Santiago de Compostela (Galicia, segunda). Porén, Vigo conta cun maior número de días albadeados que a meirande parte de concellos galegos, equiparábel aos que teñen en Tarifa, Málaga ou Valencia.Temperaturas medias, horas de sol y precipitación acuosa (AEMET)| No inverno as xeadas escasean e as temperaturas non adoitan baixar dos 12 °C.

As temperaturas que se amosan na táboa inferior, pertencentes á estación meteorolóxica do aeroporto, non reflicten a realidade do clima da cidade, moito máis benevolente. Aínda que as medidas son certas e tomadas dentro do termo municipal de Vigo, están tomadas a 264 metros de altitude e a 10 quilómetros do centro, no aeroporto, nunha zona onde o clima é máis frío que na cidade e onde a brétema é bastante frecuente.<center> {|class="wikitable collapsible" align="center" style="font-size:90%;width:80%;border:0px;text-align:center;line-height:120%" ! colspan= "14" style="background: #DDDDDD;" | 17px Aeroporto de Vigo (1972-2000) |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="17" | Mes ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xan ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Feb ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Mar ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Abr ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Mai ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xuñ ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xul ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Ago ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Set ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Out ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Nov ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Dec ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Ano |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="16;" | Temperatura máxima absoluta (°C) | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 21,0 | style="background: #FF8C00; color:#000000;" | 27,6 | style="background: #FF8C00; color:#000000;" | 28,0 | style="background: #FF8C00; color:#000000;" | 29,6 | style="background: #FF4500; color:#000000;" | 33,6 | style="background: #FF0000; color:#000000;" | 38,6 | style="background: #FF0000; color:#000000;" | 36,6 | style="background: #FF0000; color:#000000;" | 37,5 | style="background: #FF0000; color:#000000;" | 36,0 | style="background: #FF4500; color:#000000;" | 30,0 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 24,6 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 23,2 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | 38,6 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="16;" | Temperatura máxima media (°C) | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 11,6 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 12,9 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 15,1 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 16,1 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 18,2 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 22,0 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 24,3 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 24,2 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 22,4 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 18,5 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 14,7 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 12,3 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | 17,7 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="16;" | Temperatura media (°C) | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 8,3 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 9,3 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 10,9 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 11,9 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 14,0 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 17,3 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 19,4 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 19,4 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 18,0 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 14,6 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 11,3 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 9,2 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | 13,6 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="16;" | Temperatura mínima media (°C) | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 5,0 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 5,8 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 6,6 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 7,7 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 9,9 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 12,6 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 14,6 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 14,6 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 13,6 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 10,8 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 7,9 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 6,2 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | 9,6 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="16;" | Temperatura mínima absoluta (°C) | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | -4,0 | style="background: #80FFFF; color:#000000;" | -5,0 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | -3,0 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | -0,2 | style="background: #FFFFCC; color:#000000;" | 2,0 | style="background: #FFFFCC; color:#000000;" | 4,6 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 7,6 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 7,2 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 5,0 | style="background: #FFFFCC; color:#000000;" | 2,0 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | -0,8 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | -3,4 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | -5,0 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" | Precipitacións (mm) | style="background: #4169A9;" | 255 | style="background: #4169E5;" | 219 | style="background: #4169E5;" | 145 | style="background: #4169E5;" | 148 | style="background: #4169E5;" | 141 | style="background: #6495ED;" | 73 | style="background: #87CEEB;" | 43 | style="background: #87CEEB;" | 40 | style="background: #4169E5;" | 113 | style="background: #4169E5;" | 215 | style="background: #4169E5;" | 228 | style="background: #4169A9;" | 298 | style="background: #FFFFFF;" | 1909 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" | Horas de sol | style="background: #83878b;" | 113 | style="background: #83878b;" | 116 | style="background: #c59217;" | 176 | style="background: #c59217;" | 184 | style="background: #FFFF00;" | 217 | style="background: #FFFF00;" | 269 | style="background: #FFFF00;" | 296 | style="background: #FFFF00;" | 281 | style="background: #FFFF00;" | 205 | style="background: #c59217;" | 154 | style="background: #83878a;" | 109 | style="background: #83878b;" | 90 | style="background: #FFFFFF;" | 2212 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" | Humidade relativa media (%) | style="background: #4169A5;" | 85 | style="background: #4169A5;" | 81 | style="background: #4169E1;" | 76 | style="background: #4169E1;" | 75 | style="background: #4169E1;" | 77 | style="background: #6495ED;" | 74 | style="background: #6495ED;" | 74 | style="background: #6495ED;" | 74 | style="background: #4169E1;" | 78 | style="background: #4169A5;" | 82 | style="background: #4169A5;" | 86 | style="background: #4169A5;" | 86 | style="background: #FFFFFF;" | 79 |- | colspan="14" style="text-align:center;font-size:90%;"|Fonte: AEMET |} </center>

Demografía