Motosu (本巣市, もとすし, Motosu-shi) é un concello da prefectura de Gifu no Xapón. Está situado no centro da rexión de Chūbu e da rexión de Tōkai, e ao sur da prefectura, na zona da provincia histórica de Mino, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 374,57 km², a poboación é de 34.984 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 93,4 h/km².

O concello de Motosu limita cos concellos de Ibigawa, Ōno, Mizuho, Kitagata, Gifu, Yamagata, Seki (que son da prefectura de Gifu); e Ōno (este último é da prefectura de Fukui).

Historia A cidade de Motosu foi fundada pola fusión de tres concellos de vilas (Motosu-chō, Sinsei-chō e Itonuki-chō) e un concello de aldea (Neo-mura) do distrito de Motosu o 1 de febreiro de 2004.

Cidades irmandadas Echizen, prefectura de Fukui, Xapón (1994).

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio oficial da cidade de Motosu

Categoría:Prefectura de Gifu Categoría:Rexión de Tōkai Categoría:Concellos do Xapón