Brigantium, subtitulado Boletín do museo arqueolóxico e histórico de A Coruña, foi un boletín bilingüe anual editado polo Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón da Coruña.
Descrición Publicouse dende 1980 ata 2009 e foi dirixido por Felipe Senén López. O director honorario era Manuel Chamoso Lamas. Colaboraron nel, entre outros, José Manuel Vázquez Varela, Felipe Criado Boado, Fernando Alonso Romero, Jaime Delgado e Raquel Casal. Os seus temas eran a prehistoria, a historia, a etnografía, a arqueoloxía, a arte, a epigrafía e a numismática. Sobresaíu pola presentación e calidade dos traballos, sempre ilustrados. O artigos comezaban por un resumo en castelán, galego ou inglés, segundo a lingua escollida polo autor.miniatura|Castelo de Santo Antón, sede do Museo Arqueolóxico e Histórico|centro Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas Catálogo en liña da Deputación de Pontevedra.
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas españolas do século XX Categoría:Revistas españolas do século XXI Categoría:1980 en Galicia