Moraleja é un municipio estremeño, pertencente á provincia de Cáceres. En 2008 tiña 7.983 habitantes.
Limita ao norte con Perales del Puerto, ao nordés con Gata, ao suroeste con Zarza la Mayor, ao sueste con Cachorrilla e Pescueza, ao oeste con Cilleros, e ao leste con Huélaga, Casas de Don Gómez e Casillas de Coria.
Casaríos e pedanías Casarío / pedanía Pob. (2007) Cañadas 74 Malladas - La Mata - Pedrizas - Porciones - La Quinta 39 Rozacorderos - Vegaviana 844 TOTAL 5.227
Demografía Evolución demográfica de Moraleja entre 1900 e 2008 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 1978 1968 1978 2434 3103 4018 8248 7023 7409 7915 1996 1999 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 8273 8161 7903 8095 7793 7916 7984 7904 7919 7983
Historia Á caída do Antigo Réxime a localidade de constitúe en municipio constitucional na rexión de Estremadura, Partido Xudicial de Coria que no censo de 1842 contaba con 240 fogares e 1315 veciños.
Monumentos relixiosos Moraleja conta coas seguintes igrexa e ermidas:
Igrexa parroquial da nosa Señora da Piedade, que conta cunha talla da Virxe dos Desamparados do século XVI, outra de San Ramón Nonato do século XVII, unha píxide de prata e tres pinturas de Pablo Lázaro. Ermida da Virxe de la Vega, reformada en varias ocasións nos séculos XIX e XX, ata chegar a ser substituída pola ermida actual en 1961. Ermida das Angustias, no centro urbano, construída en 1787.
Categoría:Concellos da provincia de Cáceres