Arévalo é un concello da provincia de Ávila na Comunidade Autónoma de Castela e León. Esta localidade limita ao norte cos municipios de Palacios de Goda e Donvidas; ao oeste con Aldeaseca e Nava de Arévalo; ao sur con Tiñosillos, Orbita, Gutierre-Muñoz e Espinosa de los Caballeros; e ao leste coa provincia de Segovia. Ten unha poboación de 8.099 habitantes (INE 2011).

Xeografía Arévalo atópase na comarca de La Moraña a 827 metros de altitude, e está bañado polos ríos Adaja e Arevalillo, afluentes ambos do río Douro. A localidade conta cun municipio cunha extensión de 46,07 km². A comarca onde se sitúa Arévalo é coñecida pola súa produción agrícola de cereais de secaño asociados con leguminosas ademais da abundancia do piñeiro galego e os pastos de inverno. Noroeste: Palacios de Goda Norte: Donhierro (Segovia) e Palacios de Goda Nordeste: Martín Muñoz de la Dehesa (Segovia) Oeste: Aldeaseca 75px Este: Codorniz (Segovia) Suroeste: Nava de Arévalo Sur: Tiñosillos e Orbita Sueste: Espinosa de los Caballeros Patrimonio

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Concellos da provincia de Ávila