Alberto Iglesias Fernández-Berridi, nado en Donostia en 1955, é un compositor vasco, con especialmente relevancia dentro do mundo da cinematografía, así, no anos 2005 e 2007 foi nomeado aos Premios Oscar polos filmes The Kite Runner e The Constant Gardener.
Traxectoria Estudou piano, harmonía e contrapunto no Conservatorio de Música de San Sebastián, da man de Francisco Escudero. Máis tarde, recibiu leccións de composición e piano de F. Schwartz en París compaxinádo este labor co estudo de técnicas de composición electroacústica en Barcelona. Como intérprete, o máis salientánbel é o período entre 1981 a 1986, cando formou un dúo de música electrónica co tamén compositor Javier Navarrete, que os levou por diversas xiras, nas que interpretaban propias composicións.
Comezou a compoñer para o cinema no ano 1984, con La Conquista de Albania, e escribiu dende entón as músicas para case 30 filmes, boa parte deles para o director manchego Pedro Almodóvar.
Filmografía También la lluvia (Icíar Bollaín, 2010) Los abrazos rotos (Pedro Almodóvar, 2009) Che: The Argentine (Steven Soderbergh, 2008) The Kite Runner (Marc Forster, 2007) Volver (Pedro Almodóvar, 2006) The Constant Gardener (Fernando Meirelles, 2005) La mala educación (Pedro Almodóvar, 2004) Hable con ella (Pedro Almodóvar, 2002) Lucía y el sexo (Julio Medem, 2001) Todo sobre mi madre (Pedro Almodóvar, 1999) Los amantes del círculo polar (Julio Médem, 1998) La camarera del Titanic (Bigas Luna, 1997) Carne trémula (Pedro Almodóvar, 1997) Tierra (Julio Médem, 1996) Pasajes (Daniel Calparsoro, 1996) La flor de mi secreto (Pedro Almodóvar, 1995) Dispara (Carlos Saura, 1993) La ardilla roja (Julio Médem, 1993) Vacas (Julio Médem, 1992)
Categoría:Compositores do País Vasco Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Donostia