Xoán Bernárdez Vilar, nado en Marín o 5 de abril de 1936 e finado en Vigo o 25 de marzo de 2025, foi un escritor, historiador e ensaísta galego.
Traxectoria Nado en Marín en 1936, aos sete anos trasladouse a Vigo, onde fixo o Bacharelato. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. En 1957 converteuse en auxiliar administrativo da Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo (despois Caixanova e Abanca). Máis tarde, entre 1990 e 1995, realizou a carreira de Xeografía, Arte e Historia na Universidade de Vigo. O 11 de xullo de 2011 defendeu en Ourense a súa tese de doutoramento, O extraordinario mundo da “Ora Maritima”, sobre a "Ora Maritima de Rufio Festo Avieno". Obtivo a cualificación de sobresaínte.
Colaborou no programa de radio Raíz e Tempo (primeiro programa en galego despois da guerra civil) de La Voz de Vigo (1965-1975), continuou en Radio Ecca, tamén como guionista histórico. Dirixiu dúas revistas, Galicia Social e Latexo<ref group="lower-alpha">Latexo. Revista de la Unión Recreativa de Empleados de la Caja de Ahorros de Vigo (U.R.E.C.A.)</ref>.
Foi asesor histórico da serie da TVG Terras de Merlín, e publicou en múltiples revistas como a do Instituto de Estudos Miñoranos, Encrucillada, Agalia etc. Publicou tamén contos. Foi tradutor de galego, castelán, portugués, italiano, francés, inglés e latín.
O 22 de febreiro do ano 2003 foi nomeado Académico Correspondente da Real Academia Galega.
Obras principais
dereita|miniatura Narrativa Un home de Vilameán: anatomía da revolución Irmandiña (1976). Patronato da Cultura Galega. En Xerais, 1990, ISBN 978-84-7507-448-1. 176 páxs. ¡Ouveade, naves de Tarsish! (1983). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 978-84-7492-177-9. Homo sapiens (1984). Sada: Ediciós do Castro. Vento do norte, Vento do sul (1985). Casa de Galicia de León. No ano do cometa (1987). Vigo: Xerais. 264 páxs. ISBN 978-84-7507-831-1. ¡Xerusalén, Xerusalén! (1992). Vigo: Edicións do Cumio. En Ir Indo Ed. 2021, ISBN 978-84-7680-755-2. Big-Bang (1996). Vigo: Xerais. Col. Fóra de xogo. 152 páxs. ISBN 9788475079776. A saga da illa sen noite (2001). Noia: Toxosoutos. 166 páxs. ISBN 84-95622-10-6. (Tradución ao castelán: Saga de la isla sin noche, no 2004).
Ensaio Libros Galicia no século VI antes de Cristo. Estudo Histórico-Xeográfico da Ora Maritima de Rufo Festo Avieno (1990). Universidade de Santiago de Compostela. Xeografía do mito de Tristán e Iseu (2000). Antes da invención de América. As descubertas precolombinas do século XV (2001). Universidade de Vigo. A arte ó servicio do poder. Alexandre-Augusto (2001). Noia: Toxosoutos. A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile (2003). Vigo: Galaxia. O comezo da nosa Idade Media. A Gallaecia que se emancipou de Roma (2003). Noia: Toxosoutos (Tradución ao castelán: El inicio de nuestra Edad Media. La Gallaecia que se emancipó de Roma, no 2004). O rei Artur: Mito e realidade, 2005, Galaxia. El mundo antiguo a través de la "Ora Maritima" de Rufio Festo Avieno, 26-l2-2012. Galaxia. Tese de Doutoramento en Xeografía, Arte e Historia, na Universidade de Vigo. O extraordinario mundo da "Ora Maritima". (2013) Tórculo Artes Gráficas. Tese de Doutoramento en Xeografía, Arte e Historia, na Universidade de Vigo
Artigos en revistas "Pesquisas nas origens do mito de Tristám e Iseu", 1986, Agália. "Egipto, a viagem perdida de Egéria", 1990, Agália. "O incógnito monte Zephiro da "Ora Maritima", 1991, Latexo. "O descobridor que chegou do frío. A viagem de Cristóvao Colombo a Thule", 1992, Agália. A expediçom luso-dinamarquesa ao noroeste atlántico: alcançárom América os Portugueses antes do que Colom?, 1997, Agália. "Nada novo debaixo do sol: A legitimaçom do poder atravês da arte na Roma de Augusto", 1999, Agália. "A cuestión da celtidade de Galicia", 2003. "Os Olhos da História. A Cartografía, dos seus inícios ás decisivas contribuiçoes do português "Planisferio Cantino", de 1502", 2003, Agália. "Consideracións acerca de Baiona e do Rei Afonso", 2003. "A "Carta de París", considerada como de Cristóbal Colón", 2004. "O Val Miñor na "Ora Maritima" de Rufius Festus Avienus", 2007. "A viaxe de Colón "Ultra Tile", 2008 (Relatorio presentado no III Congreso Internacional, A Viaxe, do Concello de Palas de Rei).
Teatro O valedor do reino (2002). Edición dixital.
Obras colectivas Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996). Xerais. Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero. II (2000). Parlamento de Galicia/Universidade de Santiago. Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego (2008). Xerais (obra para o Consello da Cultura Galega).
Traducións Chronica Hermerici (2004). Do latín para o galego. Idacio Lémico: Chronica (379-469) (2004). Cadernos Ramón Piñeiro, Centro Ramón Piñeiro. Do latín para o galego.Idacio Lémico: Chronica (379-469)
Premios 3º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1968, por A nau do lonxano país. 3º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1969, por O neno que soñou cunha illa. Premio do Padroado da Cultura Galega de Montevideo en 1976 por Un home de Vilameán: anatomía da revolución Irmandiña. Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro en 1983, por Homo sapiens. Premio Galicia de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela no 1984, por Galicia no século VI antes de Cristo. Estudo Histórico-Xeográfico da Ora Maritima de Rufo Festo Avieno. Premio Casa Galicia de León en 1984, por Vento do norte, Vento do sul. Premio Xerais en 1986, por No ano do cometa. Premio Concello de Vilalba en 1993, por Big-Bang. Premio Concello de Vilalba en 1999, por A saga da illa sen noite. Premio de teatro da Universidade de Vigo no 2002, por O valedor do reino. Premio Taboada Chivite do Concello de Verín no 2002, por A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile. Premio de Historia Medieval da editorial Toxosoutos de Noia e finalista do Premio Antonio Fraguas do Concello de Cotobade en 2002, por O comezo da nosa Idade Media. A Gallaecia que se emancipou de Roma. Premio Ramón Piñeiro de Santiago de Compostela no 2004, pola tradución de Idacio Lémico: Chronica (379-469). Premio de tradución da Universidade de Vigo no 2004, por Chronica Hermerici. Finalista do Premio Ramón Piñeiro da Editorial Galaxia en 2005, por O rei Artur: Mito e realidade''.
Notas
Referencias
Véxase tamén Ligazóns externas Autobiografía, na AELG. Blog sobre o autor. Ficha do autor na BVG. Páxina de seareiros en Facebook.
Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Gañadores do Premio Xerais Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en 1936 Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Finados en 2025 Categoría:Tradutores do latín Categoría:Historiadores de Galicia