miniatura|dereita|150px|Autorretrato de Stanisław Wyspiański Polonia Nova (en polaco: Młoda Polska) é un período modernista da arte, da literatura e da música polaca que cubriu dende 1890 ata 1918. Foi o resultado da forte oposición ás ideas do positivismo e promoveu as características da decadencia, do neorromanticismo, do simbolismo, do impresionismo e da Art Nouveau.

Historia O termo foi coñecido despois dun dos manifestos de Artur Górski. O manifesto foi publicado no diario Życie ("A Vida"), con sede a Cracovia, no ano 1898 e foi inmediatamente aceptado en todas as partes da Polonia dividida, como analoxía a outros termos parecidos como Alemaña Nova, Bélxica Nova, Escandinavia Nova, e así sucesivamente.

Literatura A literatura polaca do período foi baseada sobre dúas concepcións principais: A primeira concepción foi a típica desilusión modernista sobre a burguesía, o seu modo de vivir e a súa cultura. Os artistas que seguiron esta concepción creron tamén na decadencia, no fin de toda a cultura, no conflito entre os homes e a súa civilización, e na concepción da arte como valor supremo (en lingua latina: ars gratia artis). Entre outros autores salientan Kazimierz Przerwa Tetmajer, Stanisław Przybyszewski, Wacław Rolicz-Lieder e Jan Kasprowicz. A segunda concepción foi a continuación do romanticismo, e por esta causa é chamada neorromanticismo. O grupo de escritores que perseguiu esta idea foi menos organizado e os escritores os mesmos cubriu unha vasta gama de temas nas súas escrituras: desde o sentido da misión do polaco na prosa de Stefan Żeromski ata desigualdade social descrita por Władysław Reymont e Gabriela Zapolska, ata crítica da sociedade polaca e ata historia de Polonia de Stanisław Wyspiański.

Outros importantes escritores do período foron: Wacław Berent Jan Kasprowicz Jan Augustyn Kisielewski Antoni Lange Jan Lemański Bolesław Lleśmian Tadeusz Miciński Andrzej Niemojewski Franciszek Nowicki Władysław Orkan Artur Oppman Włodzimierz Perzyński Tadeusz Rittner Wacław Sieroszewski Leopold Staff Kazimierz Przerwa-Tetmajer Maryla Wolska Tadeusz Boy-Żeleński

Música Na música, o termo Polonia Nova é aplicado a un grupo informal de compositores que inclúe Karol Szymanowski, Grzegorz Fitelberg, Ludomir Różycki e probablemente tamén Mieczysław Karłowicz. Este grupo actuou baixo a forte influencia do neorromanticismo da música, e particularmente de compositores estranxeiros como Richard Strauss e Richard Wagner. Os compositores tiveron fortes ligazóns co Grupo dos Cinco, un grupo de compositores rusos que incluíu a Modest Musorgskii, Aleksandr Borodin e Nikolai Rimskii-Korsakov.

Arte No período da Polonia Nova non hai grandes correntes artísticos na arte polaca. Os pintores e os escultores quixeron continuar coa tradición romántica, introducindo novos modos de expresión xa populares no estranxeiro. A corrente máis influente foi a Art Nouveau, mesmo se os artistas polacos comezaron a ir en busca tamén de novas formas de estilo nacional.

Artistas principais do período Olga Boznańska Konstanty Brandel Xawery Dunikowski Julian Fałat Jacek Malczewski Józef Mehoffer Józef Pankiewicz Ferdynand Ruszczyc Jan Stanisławski Władysław Ślewiński Wojciech Weiss Leon Wyczółkowski Stanisław Wyspiański Jan Bukowski

Categoría:Historia de Polonia Categoría:Movementos artísticos