Daniel Doroteo de los Santos Betancourt, nado en Santurce o 5 de febreiro de 1916 e finado en Florida, Estados Unidos, o 27 de novembro de 1992, é un músico portorriqueño considerado como un dos grandes intérpretes de bolero e guaracha. Tivo por sobrenomes artísticos El Jefe e El Inquieto Anacobero. Caracterizouse pola súa actitude nacionalista con respecto á súa patria Porto Rico, como se demostra no disco "Yankee, go home", xunto ao cantante Ortiz Dávila "Davilita". Exhibiu unha vida desordenada e, sendo cantante da Sonora Matancera en Cuba, foi detido varias veces por posesión de marihuana.

Categoría:Músicos de Porto Rico Categoría:Nados en 1916 Categoría:Nados en San Xoán Categoría:Finados en 1992