Ōshū (奥州市, おうしゅうし, Ōshū-shi) é un concello da prefectura de Iwate no Xapón. Está situado no centro da rexión de Tōhoku e ó suroeste da prefectura, ao nordeste da illa de Honshū. A súa superficie é de 993,35 km², a poboación é de 126.606 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 127 hab./km².
O concello de Ōshū limita cos concellos de Ichinoseki, Hiraizumi, Sumita, Tōno, Hanamaki, Kitakami, Kanegasaki, Nishiwaga (que son da prefectura de Iwate); e Higashinaruse (este último é da prefectura de Akita).
Cidades irmandadas Naganuma, Hokkaidō, Xapón (1973). Greater Shepparton, Victoria, Australia (1979). Atsuma, Hokkaidō, Xapón (1983). Kakegawa, prefectura de Shizuoka, Xapón (1985). Reutte, Tirol, Austria (1991). Breitenwang, Tirol, Austria (1991).
Véxase tamén Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Ōshū .
Oshu Oshu