Aaron Burr, Jr, nado en Newark o 6 de febreiro de 1756 e finado en Port Richmond o 14 de setembro de 1836, foi un militar e político estadounidense.

Traxectoria Foi membro fundacional do Partido Demócrata-Republicano no estado de Nova York. Apoiou ao gobernador George Clinton. Converteuse no terceiro vicepresidente dos Estados Unidos durante a presidencia de Thomas Jefferson, aínda que é máis famoso polo seu duelo con Alexander Hamilton, polas súas presuntas conspiracións secesionistas e mais polo seu proceso e absolución final por traizón.

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía de Burr

Categoría:Vicepresidentes dos Estados Unidos de América Categoría:Militares dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Newark, Nova Jersey Categoría:Nados en 1756 Categoría:Finados en 1836 Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa