Nantan (南丹市, なんたんし, Nantan-shi) é un concello xaponés da prefectura de Kyoto. Está situado ao norte da rexión de Kinki e no centro da prefectura, na zona sur da provincia de Tanba, no centro-oeste da illa de Honshu. A súa superficie é de 616,31 km², a poboación é de 35.286 habitantes (2009), cunha densidade de poboación de 57,3 hab./km².

A cidade Nantan foi fundada pola fusión de tres concellos de vilas do distrito de Funai (Sonobe, Yagi e Hiyoshi) e un concello de vila do distrito de Kitakuwada (Miyama) no ano 2006.

O concello de Nantan limita cos concellos de Kyōtamba, Ayabe, Kyoto, Kameoka (que son da prefectura de Kyoto); Sasayama (da prefectura de Hyōgo); Nose (da prefectura de Osaca); Takashima (da prefectura de Shiga); e Ōi (este último é da prefectura de Fukui).

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Nantan .

Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Rexión de Kinki Categoría:Rexión de San'in