Sidonie é un grupo musical español de rock psicodélico que xurdiu en Barcelona a finais dos anos noventa.
Membros Marc Ros (voz, guitarra, baixo) Jesús Senra (segundas voces, baixo, sitar, guitarras eléctrica e acústica) Axel Pi (batería, táboas e bongos)
Historia Déronse a coñecer grazas a un concurso de novos talentos do pobo de L'Hospitalet, onde unha vez gañado, asinaron un contrato cunha pequena discográfica independente catalá chamada Bip Bip Records. Durante a estancia nesta compañía discográfica asinaron varios traballos como as maquetas: Dragonfly e Roja, pero, a que os catapultou á fama foi a homónima Sidonie, de onde se sacaron varias cancións que serviron como sintonía publicitaria. Sidonie Goes To Moog, utilizouse nos anuncios da cadea FNAC e Feelin' Down'01 para un anuncio do Estado. Este último foi polémico xa que o grupo Sidonie, enviou un comunicado explicando que eles non estaban de acordo coa mensaxe do Goberno nese anuncio e que ninguén lles dixo que a súa canción ía ser publicada con tales fins.
Obtiveron un grande éxito co disco debut Sidonie e foron contratados por Sony Music. Con esta compañía publicaron os seus seguintes discos: Shell Kids (un disco que seguía os pasos do do seu debut pero que non tivo tanta aceptación), La estación de la libélula (un disco de sinxelos e caras b), Fascinado (primeiro traballo con todas as cancións compostas en castelán), Costa azul, El incendio, El fluído García, Sierra y Canadá e El peor grupo del mundo.
Separadamente tamén fixeron colaboracións con outros grupos como, por exemplo, o grupo madrileño Pereza ou os cataláns Sopa de Cabra e Love of Lesbian. En 2005 colaboraron nun disco de panxoliñas con Marc Parrot. En 2018 publicaron Lo más maravilloso, un disco de recompilacións para celebrar o 20 aniversario do grupo. Incluíu unha versión do tema "Fascinados" no que colaboraron 29 artistas, entre eles Joan Manuel Serrat, Loquillo, Albert Pla, Carlos Sadness, Anni B Sweet ou os galegos Iván Ferreiro, Xoel López, Abraham Boba e Carlangas (Novedades Carminha).
En todos os seus traballos nótase unha clara influencia de: George Harrison, Bowie, Pink Floyd (en especial mención a Syd Barrett). Cantan maioritariamente en español, aínda que, os seus primeiros traballos estaban compostos fundamentalmente en inglés.
Discografía
Álbums de estudio Sidonie (2001) Dragonfly (2002) Let It Shine (2003) Shell Kids (2003) Fascinado (2005) Costa Azul (2007) El incendio (2009) El fluído García (2011) Sierra y Canadá (2014) El peor grupo del mundo (2016) El regreso de Abba (2020)
Álbums de curta duración (EP)
Dragonfly (2001) Let It Shine (2003) The Vicious Ep - Sidonie Vs Sideral (2003)
Álbums recompilatorios
Let It Flow (2002) La estación de la libélula (2004) Nada es real pero es mejor (2012) Lo más maravilloso (2018)
DVD
Fascinado (2005)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sidonie, biografía e críticas de discos en Lafonoteca
Categoría:Grupos musicais de Cataluña