O aeroporto de Gotemburgo–Landvetter (en sueco: Göteborg–Landvetter Flygplats) é un aeroporto internacional que serve a rexión de Gotemburgo en Suecia. Con 6,3 millóns de pasaxeiros en 2016 é o segundo aeroporto máis grande de Suecia (tras Estocolmo-Arlanda). Está xestionado por Swedavia.
O aeroporto chámase así pola cidade de Landvetter, situada no municipio de Härryda. Atópase a 20 quilómetros ao leste de Gotemburgo e a 40 ao oeste de Borås. Dende o peche do aeroporto da cidade de Gotemburgo a voos comerciais en 2015 é o único aeroporto operativo da cidade.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Notas
Gotemburgo Landvetter