Xosé Carlos Cermeño Baraja, coñecido como Xosé Cermeño, nado na Coruña o 12 de maio de 1959, é un sociólogo, guionista, director e escritor galego.

Traxectoria É licenciado en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid.

Foi xefe de comunicación na Consellería de Cultura e Deportes (1986-1990). Ten colaborado en La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El País, El Correo Gallego, Claves e o primeiro editor da edición en galego de O Correo da Unesco (1990).

Como dramaturgo é autor de A meiga e a toupeira (1983), Ela chegou e dixo (1984), Almas perdidas (1987), Pedro e o lobo (1989).

Obra Narrativa Las diosas vírgenes (1984). Tártalo Arte. ISBN 978-8486202132. Novela curta en castelán. Non te chamarei Ramón (1992). Conto finalista no Premio Modesto R. Figueiredo 1990. Ciencia de facer as camas (1994). Vigo: Xerais. 112 páxs. ISBN 978-8475078021. Os nervios da cabeza (1994). Vigo: Xerais. 136 páxs. ISBN 9788475078274. 17 relatos. Días felices con Fábia (2023). Vigo: Galaxia. 238 páxs. ISBN 978-84-1176-032-4. Vantaxes e inconvenientes de case todo (2025). 144 páxs. ISBN 978-84-1176-396-7.

Poesía Historia de Abbadón (1991). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 978-8478240920.

Ensaio A cociña dos Vilas. Celebración e memoria dunha familia de cociñeiros (1993). Vigo: Xerais. 330 páxs. ISBN 9788475077093. Sobre o restaurante compostelán. Os oficios do cine e da televisión (1993). Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-1339-8. A publicidade. A fábrica dos desexos (1993). Santiago: Xunta de Galicia. 71 páxs. ISBN 978-8445308691. A televisión. Como se fai unha serie de televisión (1993). Santiago: Xunta de Galicia. 66 páxs. ISBN 978-8445308684.

Literatura infanto-xuvenil Estes días refresca polas tardes (1991). Vigo: Galaxia. 32 páxs. ISBN 978-84-7154-815-3. Foi traducida ao catalán, ao castelán, ao aranés e ao éuscaro. Paula e as palabras que levou o vento (1994). Vigo: Ir Indo. Con Luís Seoane. ISBN 978-84-7880-180-4. Esas rapazas chegarán moi alto (1995). Vigo: Xerais. Ilustracións de Teresa Novoa. 144 páxs. ISBN 9788475079240. Neve, reneve, requeteneve (1995). Ed. SM. Ilustracións de AVI. 62 páxs. ISBN 9788434845350. Traducida ao italiano e ao castelán. A miña tía é verde! (1999). Ed. SM. 32 páxs. ISBN 9788434867673. Foi traducida ao castelán e ao catalán.

Obras colectivas Quéroche contar un conto (2010). Vigo: Xerais.

Premios Premio Cidade de Lugo de narrativa 1994 por Os nervios da cabeza. IV Premio Leliadoura de poesía 1990 por Historia de Abaddón.

Televisión O mellor (1986-1987). Co-autor e guionista. TVG. A tumba aberta (1987). TVG. Os outros feirantes (1990). Director. A primeira serie de ficción enteiramente producida en Galicia. TVG. Arroz con chícharos (1990-1993). Director e guionista. TVG. Oporto/Santiago (1991). Guionista e realizador. Pratos combinados (1995). Director e guionista. A primeira telecomedia galega. TVG. Avenida de América (2002). Creador. TVG. Efectos secundarios (2007). Guionista. TVG. Quen ten un porquiño, ten un lacón e ten touciño (2008). Director. TVG

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1959 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Directores de televisión Categoría:Guionistas de Galicia