miniatura|270px|Cyanocorax luxuosus miniatura|270px|Platylophus galericulatus A dos córvidos (Corvidae) é unha familia de aves da orde das paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos Corvida e superfamilia dos corvoideos.
Actualmente (2021) 133 especies están incluídas nesta familia.Crows, mudnesters, melampittas, Ifrit, birds-of-paradise en IOC World Bird List. Versión 11.2. Consultada o 8 de decembro de 2021.
Polo xeral teñen un tamaño medio maior que as das outras familias de paseriformes; de feito, a familia inclúe a algunhas das máis grandes especies da orde.
Os córvidos mostran unha intelixencia notábel para animais do seu tamaño, e están entre as aves máis intelixentes estudadas até agora. Unha revisión de 2004 suxeriu que a intelixencia dos córvidos é comparable á dos homínidos non humanos (chimpancés, orangutáns e gorilas) en termos de cognición social, razoamento causal, flexibilidade, imaxinación e prospección.
Estas aves son polífagas, e con frecuencia preeiras.
Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1820 polo zoólogo inglés William Elford Leach,Corvidae Leach, 1820 no ITIS. na obra Synopsis of the contents of the British Museum.Aínda que o nome do autor non consta na publicación, Leach era o conservador de Zooloxía en 1820. Porén, o WoRMS atribúe a súa descrición ao zoólogo irlandés Nicholas Aylward Vigors.
Etimoloxía O nome científico Corvidae está formado, segundo a norma, polos elementos Corv- e -ĭdae. O primeiro é a raíz do nome do xénero tipo da familia, Corvus, e o segundo o sufixo do latín científico empregado para formar os nome das familias de animais.Corvidae no Merriam-Webster Dictyonary.
Xéneros Segundo o WoRMS:Corvidae Vigors, 1825 no WoRMS. Consultada o 27 de abril de 2022.
Coloeus Kaup, 1829 Corvus Linnaeus, 1758 Cyanocitta Strickland, 1845 Cyanocorax Boie, 1826 Garrulus Brisson, 1760 Pica Brisson, 1760
Segundo o GBIF:Corvidae no GBIF.
Aphelocoma Cabanis, 1851 Calocitta G.R.Gray, 1841 Cissa F.Boie, 1826 Coloeus Kaup, 1829 Coquus Sclater, 1914 Corvus Linnaeus, 1758 Crypsirina Vieillot, 1816 Cyanocephalus Bonaparte, 1840 Cyanocitta Strickland, 1845 Cyanocorax F.Boie, 1826 Cyanolyca Cabanis, 1851 Cyanopica Bonaparte, 1850 Dendrocitta Gould, 1833 Garrulus Brisson, 1760 Gymnorhinus Wied-Neuwied, 1841 Leucopterus Fitzinger, 1863 Lophocitta Gray, 1840 Miocitta Brodkorb, 1972 Miocorvus Lambrecht, 1933 Miopica Kurochkin & Sobolev, 2004 Nucifraga Brisson, 1760 Palaeocorax Forbes, 1892 Perisoreus Bonaparte, 1831 Pica Brisson, 1760 Piezorhynchus Gould, 1841 Platylophus Swainson, 1832 Platysmurus Reichenbach, 1850 Podoces Fischer von Waldheim, 1821 Protocitta Brodkorb, 1957 Psilorhinus Rüppell, 1837 Ptilostomus Swainson, 1837 Pyrrhocorax Tunstall, 1771 Temnurus Lesson, 1831 Urocissa Cabanis, 1850 Xanthoura Bonaparte, 1850 Xeocephus Bonaparte, 1854 Zavattariornis Moltoni, 1938
Segundo o ITIS:
Aphelocoma Cabanis, 1851 Calocitta G. R. Gray, 1841 Cissa F. Boie, 1826 Coloeus Kaup, 1829 Corvus Linnaeus, 1758 Crypsirina Vieillot, 1816 Cyanocitta Strickland, 1845 Cyanocorax F. Boie, 1826 Cyanolyca Cabanis, 1851 Cyanopica Bonaparte, 1850 Dendrocitta Gould, 1833 Garrulus Brisson, 1760 Gymnorhinus Wied-Neuwied, 1841 Nucifraga Brisson, 1760 Perisoreus Bonaparte, 1831Pica Brisson, 1760Platylophus Swainson, 1832Platysmurus Reichenbach, 1850Podoces Fischer von Waldheim, 1821Psilorhinus Rüppell, 1837Ptilostomus Swainson, 1837Pyrrhocorax Tunstall, 1771Temnurus Lesson, 1831Urocissa Cabanis, 1850Zavattariornis Moltoni, 1938
Características Bico robusto e recto, coa punta lixeiramente curvada. Aberturas nasais forradas con serdas longas. Adoitan seren de cor escura ou negra, pero tamén hai especies coloridas, con plumas azuis, verdes, grises ou marróns. Sexos moi parecidos.
Hábitat e distribución Ocupan unha gran variedade de hábitats, incluíndo bosques, praderías, desertos, terras de cultivo e cidades, por toda a Terra, excepto Nova Zelandia e varias illas oceánicas, e as zonas extremas do Ártico e da Antártida.
Filoxenia Platylophus galericulatus inclúese tradicionalmente nos córvidos, pero quizais non sexa un verdadeiro membro desta familia, posiblemente estando máis próximo á dos Malaconotidae ou á dos Laniidae. Polo momento é mellor consideralo como un Corvidae incertae sedis.Madge, S. & Burn, H. (1993): Crows and Jays. Londres, UK: Cristopher Helm. ISBN 978-1-8734-0318-1.
Así mesmo, Pseudopodoces humilis é, de feito, un membro da familia dos páridos.James, Helen F.; Ericson, Per G.P.; Slikas, Beth; Lei, Fu-min & Olson, Storrs L. (2003): "Pseudopodoces humilis, a misclassified terrestrial tit (Aves: Paridae) of the Tibetan Plateau: evolutionary consequences of shifting adaptive zones". Ibis 145 (2): 185–202.
A seguinte árbore filoxenetica presenta os coñecementos actuais sobre a filoxenia da familia dos córvidos segundo J. Boyd:Boyd, J. "Corvoidea genus tree". Corvoidea PDF jboyd.net. Consultada o 8 de decembro de 2021.
<big></big>
En Galicia En Galicia encóntranse as especies Corvus corax, Corvus corone, Corvus monedula, Garrulus glandarius, Pica pica e Pyrrhocorax pyrrhocorax.VV.AA. (1995): Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo II. Aves. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Sociedade Galega de Historia Natural. ISBN 84-8717-289-X, pp. 583-594.Penas Patiño, Xosé M.; Carlos Pedreira López e Carlos Silvar (2004): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións, ISBN 84-9612-869-5, pp. 282-286.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Amadon, Dean (1944): The Genera of Corvidae and their Relationships. American Museum Novitates 1251: 1–21. Goodwin, Derek (1986): Crows of the World. 2ª ed. Londres: British Museum Natural History. ISBN 0-5650-0979-6. Sibley, Charles Gald & Ahlquist, Jon Edward (1990): Phylogeny and classification of birds. New Haven, Connecticut: Yale University Press. ISBN 0-3000-4085-7.
Outros artigos Paseriformes Oscines Corvida Corvoideos
Ligazóns externas Vídeos de córvidos en Internet Bird Collection
Categoría:Córvidos