O xénero Phalacrocorax é o xénero máis numeroso en especies de corvos mariños da familia Phalacrocoracidae.

Os corvos mariños, carolos ou canilongas aliméntanse dos peixes que apañan baixo a auga. Impúlsanse principalmente coas patas e poden mergullarse durante máis dun minuto, acadando unha profundidade de aproximadamente 10 metros.

A diferenza da maioría das aves acuáticas, as súas plumas non son por completo impermeables, o que lles permite afundirse e mergullarse doadamente. Unha vez en terra, estenden as ás para secalas. Ademais, regulan o volume dos seus sacos aéreos. Existen unhas 30 especies de corvos mariños, sendo o corvo mariño grande con seguridade o máis espallado. Vive en lagos e esteiros así como nas costas, e constrúe o seu niño en cantís ou en árbores. Ten un tamaño de ata 90 cm de longo, e pódese atopar en augas doces e costas de todo o mundo.

Pesca con corvo mariño En certas localidades da China, como en Guilin, nas beiras do río Lijiang ou no lago Erhai, emprégase ao corvo mariño para a pesca. Átaselle unha corda na parte inferior do pescozo de xeito que poida capturar un peixe, mais non tragalo. O pescador, unha vez que o corvo mariño capturou un peixe, extrae o peixe (xa que quedou aprisionado no pescozo) e dispono para efectuar novas capturas.

Especies Para a clasificación científica alternativa ver a taxonomía de Chales Sibley-Ahlquist.

Xénero Phalacrocorax Phalacrocorax atriceps Phalacrocorax penicillatus Phalacrocorax auritus Phalacrocorax carbo Phalacrocorax brasilianus Phalacrocorax olivaceus Phalacrocorax pelagicus Phalacrocorax urile Phalacrocorax bougainvillii Phalacrocorax sulcirostris Phalacrocorax fuscicollis Phalacrocorax capensis Phalacrocorax magellanicus Phalacrocorax nigrogularis Phalacrocorax neglectus Phalacrocorax capillatus Phalacrocorax africanus Phalacrocorax lucidus Phalacrocorax coronatus Phalacrocorax niger Phalacrocorax pygmaeus Phalacrocorax featherstoni Phalacrocorax varius Phalacrocorax carunculatus Phalacrocorax fuscescens Phalacrocorax perspicillatus (extinto) Phalacrocorax gaimardi Phalacrocorax punctatus Phalacrocorax albiventer Phalacrocorax melanoleucos Phalacrocorax chalconotus Phalacrocorax onslowi Phalacrocorax colensoi Phalacrocorax campbelli Phalacrocorax ranfurlyi Phalacrocorax harrisi (previamente Nannopterum harrisi) (confinado nas Illas Galápagos onde, a través dun proceso de evolución, as súas as reducíronse ao tamaño das dun pingüín.

Véxase tamén

Categoría:Falacrocorácidos