miniatura|dereita|Pereiro nunha actuación de Mucha e Nucha.

Marcos Pereiro, nado en Albstadt, en Baden-Württemberg, Alemaña, en 1981, é un actor e humorista galego. Actualmente o humorista reside no concello de Carral.

Traxectoria Regresou de Alemaña a Culleredo con 8 anos. Interpretou unha personaxe en Terra de Miranda, na TVG, e colaborou no programa Air Galicia interpretando numerosos personaxes.

Xunto co tamén humorista Xosé Antonio Touriñán integra o dúo cómico Os dous de sempre, e interpreta a Nucha no dúo Mucha e Nucha, as irónicas Cantareiras de Ardebullo, que acadaron grande sona no programa Luar.

Dende 2011 dá vida aos personaxes de Kevin José e Ramona Comanecci en Era visto! e no 2012 interpretou o personaxe de Alán no filme de Ignacio Vilar Vilamor.

Dende febreiro de 2016 presenta, xunto con Xosé A. Touriñán e o seu pai, Manolo Pereiro, o programa Buscando Ardebullo.

Filmografía Supermartes (2005), programa de televisión En pé de festa (2006), programa de televisión, interpretando a Nucha e outras personaxes Luar (2008–2011, 2022), programa de televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes Air Galicia (2009), programa de televisión, interpretando a varias personaxes entre ellas a máis destacado é Costoya. Era visto! (2011–2014), serie de televisión, interpretou a Kevin Jose Un soño de Nadal (2011), programa especial televisión, interpretando a Nucha e outras personaxes A Casa da Conexa (2012–2014), programa de televisión, interpretando a Nucha e outras personaxes Un conto de Nadal por Mucha e Nucha (2013), programa especial televisión, interpretando a Nucha e outras personaxes Buscando Ardebullo (2016) Viradeira (2016), Interpretando o papel do alcalde da vila HIT (2021), Marcelo profesor de hostalaría nun instituto de Puertollano

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Título Resultado2011Mellor comunicadorUn soño de NadalNomeado

Notas

Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Humoristas de Galicia Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Baden-Württemberg Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Galegos de Alemaña