A economía de Xeorxia creceu aproximadamente o 10 % entre o 2006 e o 2007 grazas ós investimentos estranxeiros e ás despesas do goberno. A pesar diso, o 2008 o crecemento caeu a menos de 3 % ao ano, posibelmente será aínda menor o 2009.
Tradicionalmente, a súa economía está baseada na agricultura de uva, froitas cítricas e abelá, na minería de manganeso, cobre e ouro, e unha pequena industria que produce bebidas con e sen alcohol, metais, máquinas e produtos químicos. O país importa case todo o petróleo e gas natural que necesita, e a súa principal fonte de enerxía é a hidráulica.
Notas