Kōnan (江南市, こうなんし, Kōnan-shi) é un concello da prefectura de Aichi no Xapón. Está situado na parte de Tōkai da rexión de Chūbu, e ao noroeste da prefectura, na zona da provincia histórica de Owari, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 30,17 km², a poboación é de 100.531 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 3.330 h/km².
O concello de Kōnan limita cos concellos de Ichinomiya, Iwakura, Komaki, Ōguchi, Fusō (que son da prefectura de Aichi); e Kakamigahara (este último é da prefectura de Gifu).
Historia A cidade de Kōnan foi fundada pola fusión de 2 concellos do distrito de Niwa (Kochino-chou e Hotei-chou) e 2 concellos do distrito de Haguri (Miyata-chou e Kusai-mura) no ano 1954.
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Kōnan .
Konan Konan Konan, Aichi