O cráter Stickney é o cráter máis grande da lúa de Marte, Fobos. Esta localizado a 5°S 55°E en Fobos e ten 9 km de diámetro, ocupando así unha boa porción da superficie da lúa.

Foi nomeada deste xeito en honra á matemática Chloe Angeline Stickney Hall, a muller do descubridor de Fobos, Asaph Hall. En 1878 Hall escribiría que probablemente tería abandonado a busca dos satélites de Marte de non ser polo apoio da súa muller.Hall, Asaph, Observations and orbits of the satellites of Mars, Washington: Government Printing Office, 1878 (quoted in Hall, Angelo, An astronomer's wife, Baltimore: Nunn and Company, 1908, p. 112). O cráter foi nomeado no 1973, baseándose en imaxes do Mariner 9 , polo comité de nomenclatura da UAI encabezado por Carl Sagan.Veverka, Joseph et al. "A Mariner 9 atlas of the moons of Mars," Icarus 23, 206-289 (1974). miniatura|Cráter Stickney, imaxe tomada pola sonda Mars Reconnaissance Orbiter en marzo do 2008 Stickney ten un cráter dentro del, do redor de 2 km, resultado dun impacto posterior. No 2006 déuselle o nome de Limtoc, unha das personaxes das viaxes de Gulliver.

Fisuras e catenas aparecen irradiando dende Stickney, deixando teorías onde existe a alta probabilidade de que o impacto que formou este cráter, puidese ter destruído a lúa de Fobos. Por outra banda, evidencias obtidas pola sonda orbital Mars Express parecen indicar que non hai relación estre estas fisuras e catenas e o cráter Stickney, estas catenas e fisuras poderían estar formadas por materiais expulsados de impactos en Marte. O cráter ten unha visible textura de liñas nas súas paredes interiores, causadas pola caída de materiais cara ó interior do cráter.

E posible que Stickney poida ser visto dende Marte a simple vista.Calculando o diámetro angular dun obxecto cun diámetro de 9 km a unha distancia de 9250 km, da coma resultado 9/9250 * 206265 = 200 arcsegundos. Un obxecto precisa de 60 arcsegundos para ser visto a simple vista. Esta localizado no medio da cara oeste de Fobos, visto dende Marte.

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Deimos (lúa)

Ligazóns externas Flight around Phobos (animación) Fotos en gran resolución de Stickney

Categoría:Cráteres Categoría:Lúas de Marte