The Twilight Saga: New Moon é un filme fantástico estadounidense dirixido por Chris Weitz que se estreou no 2009. Baséase na novela New Moon de Stephenie Meyer e é secuela de Twilight. Está protagonizado por Kristen Stewart, Robert Pattinson, Taylor Lautner e Ashley Greene, que dan vida respectivamente a Bella Swan, Edward Cullen, Jacob Black e Alice Cullen con guión de Melissa Rosenberg.

A rodaxe comezou en marzo de 2009 en Vancouver e en maio o equipo moveuse a Montepulciano (Italia) para proseguir a rodaxe.

Sinopse Edward Cullen (Robert Pattinson) decide abandonar a Bella Swan (Kristen Stewart) para mantela afastada dos perigos do mundo dos vampiros. Coa axuda de Jacob Black (Taylor Lautner), o seu amigo da infancia e membro da misteriosa tribo quileute, Bella intentará superar o abandono de Edward, que a deixou sumida no maior dos desconsolos. Pero os perigos seguen perseguindo á rapaza, e Bella só contará co apoio do cada vez máis achegado Jacob. Repentinamente, Bella atópase inmersa no mundo dos lobishome, ancestrais inimigos dos vampiros.

Personaxes Principais Kristen Stewart como Bella Swan Robert Pattinson como Edward Cullen Taylor Lautner como Jacob Black

Secundarios Peter Facinelli como Carlisle Cullen Elizabeth Reaser como Esme Cullen Ashley Greene como Alice Cullen Kellan Lutz como Emmett Cullen Nikki Reed como Rosalie Hale Jackson Rathbone como Jasper Hale Billy Burke como Charlie Swan Rachelle Lefevre como Victoria Edi Gathegi como Laurent Michael Sheen como Aro Dakota Fanning como Jane Anna Kendrick como Jessica Stanley Michael Welch como Mike Newton

Galardóns e nomeamentos 2009: 4 Nomeamentos ós Premios Razzie, incluíndo peor actor secundario, guión e elenco.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Twilight Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Chris Weitz Categoría:Filmes con banda sonora de Alexandre Desplat Categoría:Filmes de Summit Entertainment Categoría:Filmes de Temple Hill Entertainment Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes rodados en Italia Categoría:Filmes de vampiros Categoría:Filmes de lobishomes Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América