Economía de Burkina FasoMoeda Franco CFAOrganizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión AfricanaDatos estatísticosPIB US$ 17,82 mil millóns (2008)PIB (posición) 128ª no mundo% de crecemento PIB 4,5% (2008)PIB per cápita US$ 1200 (2008)PIB por sector agricultura 29,1%, industria 19,9%, comercio e servizos 51% (2008)Inflación anual 7,3%Poboación abaixo da liña da pobreza 46,4% (2004)Total da forza de traballo 5 millóns (2003)% traballadores por sector agricultura 90%, industria %, comercio e servizos 10% (2000)Desemprego 77% (2004) Parcerías comerciaisExportacións (US$) 809 millóns f.o.b. (2008)Principais produtos exportados algodón, animais vivos, ouroPrincipais mercados República Popular da China 29,6%Singapur 5,7%, Tailandia 7,2%, Ghana 6,4%, Níxer 4,8% (2007)Importacións (US$) 1 665 millóns (2008)Principais produtos importados bens de capital, alimentos, petróleoPrincipais parceiros Costa do Marfil 25,8%, Francia 20,6%, Togo 7,1% (2007) Finanzas públicasDébeda externa US$ 1,33 mil millóns (2007)Receitas (US$) 1 799 millóns Despesas (US$) 2 337 millóns (2008)Axuda económica recibida (US$) 659,6 millónshttp://globaledge.msu.edu/countryInsights/statistics.asp?countryID=81&regionID=5 (2005)

Un dos países máis pobres do mundo, o Burkina Faso ten poucos recursos naturais e unha fraca industria. Cun PIB per cápita de US$ 1200 é a 27ª nación máis pobre do mundo, xunto con países como a República do Congo e o Tadjiikistán.

O 90% da poboación vive da agricultura, que é vulnerable ás secas. O seu alto índice de crecemento de poboación xunto coa aridez do seu chan son factores que inflúen en forma relevante no seu índice de pobreza. A agricultura representa o 32% do seu produto bruto interno e dá traballo ao 92% da súa poboación traballadora. Destácase o coidado do gando, e especialmente no sur e o suroeste o cultivo de sorgo, feixón, millo, cacahuete, arroz e algodón.

A falta de traballo causa unha moi alta taxa de emigración: por exemplo, hai tres millóns de persoas nativas de Burkina Faso que viven en Costa do Marfil. De acordo a información do Banco Central dos Estados da África Occidental, estes emigrantes envían por ano varias decenas de miles de millóns de francos CFA a Burkina Faso. Desde que se produciu unha expulsión de inmigrantes de Ghana en 1967, esta situación provocou tensións nos países receptores de migrantes. A crise máis recente ocorreu no 2003 en Costa do Marfil, e deu lugar ao regreso de 300.000 emigrantes.

Unha gran proporción da actividade económica do país esta financiada por axuda internacional. A Unión Europea (UE) é o principal socio comercial de Burkina Faso.

Notas