How I Met Your Mother é unha comedia de situación da televisión estadounidense ambientada na cidade de Nova York que comezou a emitirse na CBS o 19 de setembro de 2005, creada por Craig Thomas e Carter Bays gañou catro Premios Grammy.

Consta de nove tempadas, cun total de 208 episodios.

Argumento A serie baséase na propia vida dos creadores e dos seus amigos. A serie xira en torno á vida de cinco amigos, contada polo protagonista da serie Ted Mosby (Josh Radnor), que lles explica a seus fillos no ano 2030 os sucesos que conduciron ó encontro con súa nai, explicando o título (en galego Como coñecín a vosa nai) e permite unha narración en pasado, que é unha das orixinalidades da serie, comportando numerosos retornos temporais. Outros personaxes da serie son Marshall Eriksen (Jason Segel), Robin Scherbatsky (Cobie Smulders), Barney Stinson (Neil Patrick Harris) e Lily Aldrin (Alyson Hannigan). O tema da serie é a canción "Hey Beautiful" dos grupo The Solids do que son membros os creadores.

Véxase tamén

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2005 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2014 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión da CBS