Taenga,Nome oficial: Géographie de la Polynésie française (Définitions et nomenclatures) tamén denominado Taunga-hara,Names of the Paumotu Islands, with the Old Names So Far As They Are Known por J.L. Young en The Journal of the Polynesian Society, Volume 8, No. 4, decembro de 1899, p.264- é un atol de Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Makemo. Está situado a 27 km ao noroeste de Nihiru e a 670 km ao nordés de Tahití.

Xeografía

Ten unha superficie emerxida de 20 km². A lagoa interior, de 140 km², ten un paso navegable chamado Tiritepakau.

A vila principal é Henuparea. A poboación total é de 96 habitantes (censo do 2007), que viven principalmente da piscicultura. Tamén hai algunhas granxas de perlas. Non dispón de case ningunha infraestrutura.

Historia

Foi descuberto polos ingleses John Buyers e John Turnbull do Margaret, no 1803. Chamárono Holt. En 1820, Bellingshausen chamábao Yermaloff.

Notas

Categoría:Atois de Tuamotu